XOSÉ FERNÁNDEZ OTERO

XOSÉ FERNÁNDEZ OTERO

CURRÍCULUM VITAE

1999. Monitor de tempo libre. Reac. Rede española de albergues e campamento, Arcade.

2002 - 2005. Empresario Autónomo. CEO Prodesa: Promotora deportiva do Salnés, O Grove

2004.  Monitor de activiades acuáticas e monitor de sala fitness. Centro Lecer e Saúde Athenas, Vigo.

2004 - 2006. Coordinador do Complexo deportivo municipal "O Beque". Cocello de Moaña.

2007. Monitor de actividades acuáticas para nenos de 0-6 años. La flauta mágica, Vigo.

2007 - 2009. Profesor educación física ESO. Colexio María Inmaculada, Vigo.

2008 - 2009. Mestre educación infantil. Colexio Alborada, Vigo.

2010. Mestre educación primaria. Colexio Compañía de María, Cangas.

2005 - 2010. Profesor titular Plan AFD Xunta de Galicia. Caimo S.C.L. (2005, 2006 y 2008, 2009). Concello de Cangas (2010)

2010 - 2014. Coordinador deportivo da Piscina municipal de Redondela. Grupo Beone - Serviocio.

2014 - Actualidade. Director da Piscina municipal de Redondela Grupo Beone - Serviocio.

2018 - Actualidade. Delegado de Operacións. Grupo Beone - Serviocio.

 

ENTREVISTA 

1.   Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si!, son un antigo alumno do Inef Galicia… e tanto José Luis Salvador como  Eduardo Blanco Pereira eran profesores meus cando “cociñaban a idea de promover agaxede… alá polo 98, se non me equivoco 

2.   Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

No fondo supoño que por un exercicio/sentimento de responsabilidade e pertenza a un colectivo e que ve en Agaxede un paraugas que nos ampara e representa

3.   A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Levo xa 13 anos vinculado ao grupo Serviocio-Beone,  pasando por diferentes postos, durante os últimos 5 anos fun un dos delegados de Operacións en Galicia, e actualmente exerzo como director dunha instalación deportiva municipal.

4.   No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Desde o meu punto de vista, a xestión engloba moitas que sería moi complicado clasificar en orde de importancia: anticipación, adaptación, planificación, programación... 

5.   Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Non deixamos de ser un colectivo que xestiona un servizo, e como tal está exposto a un proceso contínuo de cambio, da man da sociedade, e que precisa de un organismo que en certo modo nos sirva de consulta, conexión, que se retroalimente e medre coa colaboración de todos, sen deixar de ter esa labor de visibilidade, formación contínua, etc  

6.   Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

A posibilidade de conectar con outros compañeiros con problemáticas similares, a resolución de dúbidas, a información sobre as tendencias de futuro e o análise do contexto actual... etc

7.   Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que continúe medrando e sobre todo que se faga forte e visible. A única maneira de que se vaia asentado, reforzando, profesionalizando é poñendo en valor o noso traballo, tal e como se vai facendo.

8.   Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Si claro, como xa comentaba é unha das cousas que destaco da asociación, que nos “obriga” a manternos en contacto e a establecer certos lazos, máis alá das rivalidades profesionais entre diferentes empresas, ao contrario, compartimos e aprendemos nesas “convivencias” como son os congresos e foros

9.   Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Sen dúbida, como digo, é unha asociación formada por e para o colectivo, que debe seguir madurando e medrando entre todas e todos! 

 

 

Compartir este post: