Zeltia García Ben

Zeltia García Ben

CURRÍCULO

Xuiza Internacional de Ximnasia Artística Feminina Categoría 3 (FIG) 

Adestradora nacional de Ximnasia Artística Feminina (RFEG)

Xestora do Clube Ximnasia Tempo 

Membro do Comité técnico de Ximnasia Artística Feminina da RFEG 

Membro do Comité técnico de Ximnasia Artística Feminina da FGX (estamento xuices) 

Concelleira de deportes do Concello de Sada 

 

ENTREVISTA SOCIO/A DO MES

 

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Era imposible non coñecelo. Adestro dende pequena en INEF e, dende hai moitísimo tempo que oía falar das actividades que facía Eduardo Blanco cada ano e así foi que cando comecei a interesarme pola entidade. Máis adiante, cando a mudei de alumna a profesional do sector, foi cando comeceis a participar, colaborar e interesarme en ccada unha das inicitivas.

 

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Decidín facerme socia cando comecei a coller as rendas do club deportivo que actualmente xestiono. Sempre pareceume unha asociación moi interesante para o noso sector e un punto de encontro para os diferentes deportes e modalidades deportivas

 

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Actualmente son directora e adestradora do Club Ximnasia Artística Tempo, concelleira de deportes no Concello de Sada, Xuiza internacional de ximnasia artística feminina e, ademáis, pertenzo ó comité técnico da Real Federción Española de Ximnasia e ao Comité tecnico da Federación Galega de Ximnasia polo estamento de xuices.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

Sen dúbida e de primeiro, a organización do tempo. Cando ocupas tantos ámbitos profesionais e tan diversos, e ademáis intentas combinar todo eles, tes que saber utilizar os moitísimos espazos diarios xa eu , senón, xeneran perdas de tempo moi valiosas. Creo que ademáis precísase da planificación.Lograr acadar uns obxectivos claros mediante diversas accións secuenciadas no tempo.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Rotundamente SI. Creo que é importantísimo que exista unha institución que faga de foro entre todos e todas os que formamos, nos formamos e crecemos deportivamente falando. Paréceme moi interesante ter una asociación que faga de nexo entre todos nós; sempre propoñendo actividades de debates actuais e necesarios e; por suposto, un lugar onde atopar solucións a problemáticas comúns.

 

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Un lugar amigo; un lugar onde acudir cando precisas axuda, dubidasnos inicios, ... para min foi un lugar onde sabía que podería atopar as respostas que tantas veces preciséi e, ainda por riba, de xente do meu propio sector. Ademáis, e co paso do tempo, aportoume moitos contactos do sector onde tamén moitos se convertiron en amigos.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Que non deixe de facer piña entre as diferentes modalidades e ámbitos que conformamos a vida deportiva.

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Diariamente. Con algúns máis que con outros, pero sempre teño en mente no meu día a día xente do sector co que temos o denominador común AGAXEDE. É, ademáis, teño que recoñecer que gústame saber dos logros, superacións e loitas dos meus compañeir@s.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Evidentemente que si. De feito xa o fixen sempre que teño ocasión e, por descontado, que o seguiréis a facer.

Compartir este post: