Actualidade

Todas as novidades do deporte galego

Observatorio de Seguridade, por José Luis Gómez
28/04/2017 /  Actualidade
Semana pródiga en noticias sobre temas de seguridade que afectan ou poden afectar directa ou indirectamente á organización e celebración de espectáculos e actividades deportivas, por parte de: centros deportivos, ximnasios, servizos municipais de deportes, clubs e federacións deportivas, entre outros. Ler información completa aquí.
Ler máis
I Foro Dixital de Clubes Financieiros
25/04/2017 /  Actualidade
O Clube Financieiro Atlántico organiza o próximo 25 de maio o I Foro Dixital de Clubes Financieiros, un foro online de comunicación de clubes para crear un novo espazo de networking virtual. Este foro pretente conectar grazas á tecnoloxía da Telepresencia e a Rede Social Corporativa á masa social de Clubs Financeiros de todo o mundo. Todas as conferencias retransmitiranse online para todas aquelas persoas ou empresas que queiran asistir ao evento desde os seus punto de orixe sen necesidade de estar presencialmente no evento. Podedes atopar toda a información premendo descarganto este pdf ou visitando http://www.internationalforumclub.com/
Ler máis
Éxito da Xornada de Xestión Deportiva Municipal
24/04/2017 /  Actualidade
O pasado vernes, 21 de abril, tivo lugar a Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios. O evento celebrouse na EGAP (Santiago de Compostela) e contou con preto de douscentos participantes. A xornada foi organizada por AGAXEDE e a FEGAMP. Podedes ler a nova da páxina da FEGAMP aquí
Ler máis
Celebrada a Asemblea Xeral de AGAXEDE
24/04/2017 /  Actualidade
O pasado venres, 21 de abril, celebrouse en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral de AGAXEDE. Nela, entre outras cousas, aprobouse o plan de actividades e o presuposto para o 2017.
Ler máis
Novo artigo de José Luis Gómez sobre seguridade en distintos eventos
18/04/2017 /  Actualidade
José Luis Gómez, experto en eventos de masas e actividades deportivas e recreativas, publicou recentemente o seu artigo "Recomendacións básicas para asistir a procesións, cabalgatas e desfiles". Podedes consultalo premendo aquí.
Ler máis
Sesión de Auditoría e Transparencia no Sector non Lucrativo
13/04/2017 /  Actualidade
O vindeiro xoves 27 de abril, entre as 10 e as 13h., terá lugar no Hotel NH Collection (Santiago de Compostela) unha sesión de Auditoría e Transparencia no Sector non Lucrativo, organizada por Auren. Para ver o programa, preme aquí.
Ler máis
Publicado no DOGA o Decreto de formación mínima de socorristas acuáticos
12/04/2017 /  Actualidade
O Decreto 35/2017, de 30 de marzo, fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos, ademais de crear e regular o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Para ver o Decreto, preme aquí.
Ler máis
Congreso de Deporte Local en Barcelona (26-27 outubro)
11/04/2017 /  Actualidade
Coincidindo cos vinte e cinco anos da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona celébrase o Congreso de Deporte Local, presentado como un espazo de encontro onde analizar o presente e sobre todo os retos de futuro do deporte local, un punto de partida para debuxar novas estratexias: onde estamos e cara a onde imos? Podes ver o plantexamento do Congreso aquí: Cong.DeporteLocalBCN
Ler máis
A xornada de xestión deportiva en La Opinión
09/04/2017 /  Actualidade
O periódico faise eco da xornada dirixida a pequenos e medianos municipios que terá lugar o próximo 21 de abril en Santiago de Compostela, e que está organizada pola FEGAMP e AGAXEDE. Para ver a noticia, preme aquí: LaOpinion_5-04
Ler máis