Actualidade
Todas as novidades do deporte galego
O vindeiro martes 3 de outubro de 09:30h a 12:00h terá lugar o Foro de Debate "Comunicación, Fútbol y Gestión Deportiva". Este evento celebrarase no Hotel Intercontinental, situado no Paseo de la Castellana, 49, e está organizado polo diario EL ESPAÑOL e Sportium. Podedes atopar o programa aquí e máis información na páxina web do evento.
O prazo de preinscrición online no Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte amplíase do 25 ao 27 de setembro. Este mestrado está organizado pola Universidade de Vigo e posicionado no Top20 do Ranking Mundial en Sport Management elaborado polo Sport Business International. Podedes atopar toda a información aquí.
Ler máis
O Profesor Dr. D. Carlos Lago Peña, docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, acadou a praza de Catedrático de Universidade (CU) no Área de Educación Física e Deportiva, convertíndose dese xeito no primeiro Catedrático de Universidade da devandita área no Sistema Universitario Galego. Preme para continuar lendo.
Ler máis
Os días 16, 17 e 18 de novemebro terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Sevilla o I COngreso Internacional de Discapacidade Intelectual, Actividade Física e Saúde. O día 16 celebraranse talleres prácticos de diversa temática, e os días 17 e 18 terán lugar as sesións plenarias, ponencias e comunicacións. Podedes atopar toda a información aquí.
Ler máis
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, organizan a II Xornada "A saúde en tódalas políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde", que terá lugar o 3 de outubro na sede da EGAP (Santiago de Compostela). Podedes ampliar a información aquí.
Ler máis
A Asociación de Gestores Deportivos Profesionales de la Comunidad Valenciana (GEPACV), en conmemoración do 20º Aniversario da súa fundación en 1997, convoca e organiza o CONGRESO EXTRAORDINARIO DE XESTIÓN DO DEPORTE, que se celebrará no Complexo Deportivo e Cultural "Petxina" de Valencia, os días 24 e 25 de novembro de 2017. Podedes atopar o avance do programa aquí.
Ler máis
A Asociación Española de Derecho Deportivo (AEDD) informa da última novidade bibliográfica e da nova edición do Curso de Xestión Deportiva do Programa Internacional do Centro Internacional de Estudos do Deporte (CIES) da FIFA. Podedes ampliar a infomación lendo a nova completa.
Ler máis