Actualidade

Todas as novidades do deporte galego

II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía
19/06/2017 /  Actualidade
Entre o 26 e o 30 de xuño terá lugar en Santiago de Compostela o II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Federación Galega de Fútbol. Podedes atopar toda a información aquí ou na páxina web do Congreso: http://www.usc.es/gl/congresos/cpsifutbol.
Ler máis
Publicado o boletín informativo de FAGDE
19/06/2017 /  Actualidade
A Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á segunda quincena do mes de xuño. Podedes atopalo aquí.
Ler máis
VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte
13/06/2017 /  Actualidade
Os días 24 e 25 de novemebro terán lugar en Zaragoza as VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte, organizadas pola Asociación Aragonesa de Medicina do Deporrte (ARAMEDE) e a Sociedade Española de Medicina do Deporte (SEMED). Podes atopar máis información lendo a nova completa.
Ler máis
Reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE
12/06/2017 /  Actualidade
O pasado sábado, 10 de xuño, celebrouse unha reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE na que, entre outros, se aprobou a convocatoria dos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva - 2017. 
Ler máis
Candidaturas VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva
Duración:  12/06/2017 a 27/10/2017  /  Eventos
Convocados os VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva. Presentación de candidaturas ata o 27 de outubro de 2017.
Ler máis
Concluido o VI Foro do Deporte para Todos
09/06/2017 /  Actualidade
Esta mañá tivo lugar o VI Foro do Deporte para Todos, que tiña como temática o "Emprendemento de proxectos deportivos". O evento levouse a cabo no Complexo Residencial Rialta (A Coruña). Carlos de Sousa (trainer do E4SPORT 2.0), Guillermo Taboada (Director da empresa PLAAM), Enrique Gómez (Técnico do IGAPE) e Ramón Lago (empresa RSP Inercial) ofreceron a súa visión de que significa emprender, cales son as claves para que un proxecto sexa viable e como se debe presentar un proxecto deportivo. Entre os asistentes atopábanse membros da Xunta Directiva e socios de AGAXEDE, participantes do programa E4SPORT 2.0, estudantes e representantes de diferentes institucións, federacións e clubes do ámbito autonómico e nacional. 
Ler máis
Novidades bibliográficas de interese
08/06/2017 /  Actualidade
Publicadas dúas obras relacionadas co dereito deportivo. Para máis información, accede á nova completa.
Ler máis
Publicado o nº 33 da revista DEPORCAM
07/06/2017 /  Actualidade
Xa se atopa dispoñible o número 33 da revista DEPORCAM, a revista de xestión do deporte editada polo grupo INGESPORT. Podedes acceder a ela aquí
Ler máis
VI Foro do Deporte para Todos
02/06/2017 /  Actualidade
O próximo venres, 9 de xuño, terá lugar o VI Foro do Deporte para Todos no Complexo Residencial Rialta entre as 9:30 e as 14:00h. Este ano a temática será "Emprendemento de Proxectos Deportivos", xa que o foro atópase enmarcado dentro da programación da semana de intercambio do proxecto europeo E4SPORT 2.0. Podedes atopar máis información aquí
Ler máis