Actualidade

Todas as novidades do deporte galego

VI Foro do Deporte para Todos
02/06/2017 /  Actualidade
O próximo venres, 9 de xuño, terá lugar o VI Foro do Deporte para Todos no Complexo Residencial Rialta entre as 9:30 e as 14:00h. Este ano a temática será "Emprendemento de Proxectos Deportivos", xa que o foro atópase enmarcado dentro da programación da semana de intercambio do proxecto europeo E4SPORT 2.0. Podedes atopar máis información aquí
Ler máis
Publicado o nº 14 da revista Gestores del Deporte
02/06/2017 /  Actualidade
Xa está dispoñible o nº 14 da revista Gestores del Deporte, editada pola Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FADGE). Podedes atopar esta edición premendo aquí ou visitando a páxina web de FAGDE.
Ler máis
Publicado o Boletín Informativo de FAGDE
02/06/2017 /  Actualidade
A Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo do mes de xuño, que podedes atopar aquí
Ler máis
Nova póliza de seguros para campamentos
25/05/2017 /  Actualidade
A raíz do convenio de colaboración entre FAGDE e CICOR INTERNACIONAL, esta correduría lanza unha nova póliza de seguros para actividades deportivas de verán, na que os asociados de FAGDE terán condicións especiais. Podedes ver a nota informativa aquí.
Ler máis
Concentración por unha lei de protección aos ciclistas
23/05/2017 /  Actualidade
O domingo 28 de maio ás 11:00h celebrarase unha concentración en Santiago de Compostela para pedir medidas que garantan a seguridade dos ciclistas, unha demanda de xustiza e máis tras os recentes tráxicos acontecementos das últimas semanas. Máis información aquí
Ler máis
Observatorio de Seguridade, por José Luis Gómez
28/04/2017 /  Actualidade
Semana pródiga en noticias sobre temas de seguridade que afectan ou poden afectar directa ou indirectamente á organización e celebración de espectáculos e actividades deportivas, por parte de: centros deportivos, ximnasios, servizos municipais de deportes, clubs e federacións deportivas, entre outros. Ler información completa aquí.
Ler máis
Sesión de Auditoría e Transparencia no Sector non Lucrativo
13/04/2017 /  Actualidade
O vindeiro xoves 27 de abril, entre as 10 e as 13h., terá lugar no Hotel NH Collection (Santiago de Compostela) unha sesión de Auditoría e Transparencia no Sector non Lucrativo, organizada por Auren. Para ver o programa, preme aquí.
Ler máis
Congreso de Deporte Local en Barcelona (26-27 outubro)
11/04/2017 /  Actualidade
Coincidindo cos vinte e cinco anos da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona celébrase o Congreso de Deporte Local, presentado como un espazo de encontro onde analizar o presente e sobre todo os retos de futuro do deporte local, un punto de partida para debuxar novas estratexias: onde estamos e cara a onde imos? Podes ver o plantexamento do Congreso aquí: Cong.DeporteLocalBCN
Ler máis
A xornada de xestión deportiva en La Opinión
09/04/2017 /  Actualidade
O periódico faise eco da xornada dirixida a pequenos e medianos municipios que terá lugar o próximo 21 de abril en Santiago de Compostela, e que está organizada pola FEGAMP e AGAXEDE. Para ver a noticia, preme aquí: LaOpinion_5-04
Ler máis