Actualidade

Todas as novidades do deporte galego

X Congreso Internacional da AECD
16/10/2017 /  Actualidade
O décimo congreso internacional da Asociación Española de Ciencias del Deporte terá lugar na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (UDC). Celebraráse entre o 21 e o 23 de novemebro do 2018, e podedes obter máis información nesta ligazón
Ler máis
IV Symposiun Aragonés de Xestión no Deporte
13/10/2017 /  Actualidade
Durante os días 23 e 24 de novembro do 2017 terá lugar no Paraninfo da Universidade de Zaragoza o IV Symposium Aragonés de Xestión no Deporte. A inscrición finaliza o día 21 de novembro. Podedes atopar toda a información aquí
Ler máis
Artigo de Eduardo Blanco na Revista Deportistas
10/10/2017 /  Actualidade
Xa dispoñible o artigo de Eduardo Blanco na Revista Deportistas núm. 75, no que fala do Interim Management Deportivo. Podedes atopalo nesta ligazón.
Ler máis
Entrevista a Eduardo Blanco na Revista Instalaciones Deportivas Hoy
09/10/2017 /  Actualidade
Dispoñible a entrevista realizada a Eduardo Blanco, en calidade de Presidente de FAGDE, na revista Instalaciones Deportivas Hoy correspondente ao trimestre xullo-setembro do 2017 (páxinas 16-19). Podedes atopala nesta ligazón.
Ler máis
Publicado o nº 34 da revista DEPORCAM
03/10/2017 /  Actualidade
Xa se atopa dispoñible o número 34 da revista DEPORCAM, a Revista do Círculo de Xestores editada por INGESPORT. Este número correspóndese cos meses de setembro e outubro do 2017. Podedes atopala aquí
Ler máis
Boletín informativo FAGDE - Octubre
02/10/2017 /  Actualidade
Dispoñible o boletín informativo da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España na seguinte ligazón
Ler máis
Ampliado o prazo de presentación de candidaturas aos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva
27/09/2017 /  Actualidade
Amplíase o prazo de presentación de candidaturas aos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), ata o 27 de outubro. Desta forma, animamos a que se promova a presentación de candidaturas nas distintas modalidades convocadas, solicitando a máxima difusión entre aquelas persoas ou entidades que puidesen estar interesadas ou ser merecedoras dos devanditos premios. 
Ler máis
FAGDE e Consejo COLEF, consolidación de colaboración entre ambas as institucións
26/09/2017 /  Actualidade
O pasado martes 19 tivo lugar na sede de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) de Oleiros, A Coruña, unha cordial reunión entre o Presidente da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España (FAGDE), D. Eduardo Blanco e o Presidente da organización colexial - Consejo COLEF, D. Vicente Gambau, con motivo da consolidación da colaboración entre ambas institucións. Entre os temas tratados hai que destacar a vontade de buscar sinerxias en temas de formación, na procura de fórmulas para que as organizacións territoriais fomenten a colexiación e afiliación conxunta, e a consolidación do compromiso de colexiación dos xestores con responsabilidades na dirección técnica e con titulación universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o estrito cumprimento das obrigacións legais e deontolóxicas destes profesionais. Destácase o acordo de colaboración para a organización dunha xornada formativa no marco do salón da Piscina & Welness Barcelona o próximo 20 de outubro para tratar a conceptualización das diferentes ocupacións dentro da dirección e xestión deportiva. Esta temática foi encomendada á Comisión Permanente do Consejo COLEF no último Pleno de Palma de marzo de 2017 debido á confusión xeneralizada entre as funcións de dirección e xerencia, xestión deportiva, dirección deportiva e coordinación.  Durante o desenvolvemento desta xornada asinarase un convenio marco de colaboración entre ambas organizacións.
Ler máis