Actualidade
Todas as novidades do deporte galego
Eduardo Blanco, presidente da Federación de Gestores Deportivos de España (FAGDE), e Guillermo Taboada, director territorial en Galicia do Instituto Iberoamericano de Interim Management (IIIM) asinaron un convenio de colaboración para potenciar o papel dos Interim managers no mundo do deporte. Podedes ler a nova completa aquí.
Ler máis
O venres, día 14 de xullo, ás 14 horas, organizado polo Club Financeiro Atlántico e a Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FAGDE), celebrouse nas instalacións do Club, un XANTAR-CONFERENCIA a cargo do Excmo. Sr. D. José Ramón Lete Lasa, Presidente do Consello Superior de Deportes.
Ler máis
Antonio Millán Garrido foi reelexido como Presidente da Asociación Española de Derecho Deportivo (AEDD) para os vindeiros catro anos, sendo a única candidatura presentada. Podedes ampliar a información na páxina web da AEDD.
Ler máis
Na páxina web da Asociación Española de Derecho Deportivo (AEDD) atópase dispoñible información relativa aos novos títulos de técnico deportivo e á crónica do Congreso internacional de Derecho deportivo celebrado recentemente en México.
Ler máis
D. Mariano Gómez-Ulla, Presidente do Club Financiero Atlántico, e D. Eduardo Blanco Pereira, Membro da Xunta Directiva do Club e Presidente da Federación de Asociacións de Gestores del Deporte de España, convídanlle a participar no xantar-conferencia con D. José Ramón Lete Lasa, Secretario de Estado para o Deporte e Presidente de Consello Superior de Deportes, que terá lugar o venres 14 de xullo ás 14:00h no Club Financeiro Atlántico. O xantar ten un prezo de 38€ e as reservas débense efectuar antes do 12 de xullo (981 130 347 / relacionespublicas@cfatlantico.com).
Ler máis
Os días 18 e 19 de novembro de 2016, celebrouse no Paraninfo da Universidade da Coruña, o XII CONGRESO ESPAÑOL DE DEREITO DEPORTIVO organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e a Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD). Os relatorios e comunicacións seleccionadas recóllense na obra de Editorial Reus "Asociacionismo deportivo: diagnóstico e perspectivas". Podedes ver a portada e unha mostra do libro aquí.
Ler máis