Actualidade

Todas as novidades do deporte galego

II Xornada
15/09/2017 /  Actualidade
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, organizan a II Xornada "A saúde en tódalas políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde", que terá lugar o 3 de outubro na sede da EGAP (Santiago de Compostela). Podedes ampliar a información aquí
Ler máis
Congreso Extraordinario de Xestión do Deporte
14/09/2017 /  Actualidade
A Asociación de Gestores Deportivos Profesionales de la Comunidad Valenciana (GEPACV), en conmemoración do 20º Aniversario da súa fundación en 1997, convoca e organiza o CONGRESO EXTRAORDINARIO DE XESTIÓN DO DEPORTE, que se celebrará no Complexo Deportivo e Cultural "Petxina" de Valencia, os días 24 e 25 de novembro de 2017. Podedes atopar o avance do programa aquí
Ler máis
Sport IP Forum
10/09/2017 /  Actualidade
O Sport IP Forum 2017 é un evento internacional que xirará en torno aos dereitos de imaxe e a como a tecnoloxía cambia a forma na que se xestioan os dereitos no deporte. Terá lugar os días 22 e 23 de novembro na Feira de Valencia. Podedes atopar máis información aquí
Ler máis
Novo título da Colección Derecho Deportivo de Editorial Reus
09/09/2017 /  Actualidade
Publicado un novo exemplar na Colección Derecho Deportivo de Editorial Reus, "Los retos del deporte profesional y profesionalizado en la sociedad actual". A obra está dirixida por Ignacio Jiménez Soto e José Luis Pérez-Serrabona González. Podedes atopar máis información aquí
Ler máis
Observatorio de Seguridade, por José Luis Gómez
09/09/2017 /  Actualidade
Semana pródiga en noticias sobre temas de seguridade que afectan ou poden afectar directa ou indirectamente á organización e celebración de espectáculos e actividades deportivas, por parte de: centros deportivos, ximnasios, servizos municipais de deportes, clubs e federacións deportivas, entre outros. Podedes ler a información completa aquí
Ler máis
Tamara Rial no Faro de Vigo
06/09/2017 /  Actualidade
A asociada de AGAXEDE, Tamara Rial, destaca nun artigo do Faro de Vigo sobre emprendedoras de éxito baseado nun informe da Cámara de Comercio. Podedes ler a nota de prensa completa aquí
Ler máis
Boletín informativo FAGDE - Agosto (I)
03/08/2017 /  Actualidade
A Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á primeira quincena do mes de agosto. Podedes atopalo aquí.
Ler máis
Publicado o novo número da Revista Española de Educación Física y Deportes
31/07/2017 /  Actualidade
A REEFD-417 correspondente ao terceiro trimestre do 2017 xa está dispoñible, acompañado ademais do Suplemento XIV Congreso Internacional AEISAD. Podedes atopala aquí
Ler máis
Novos aire en FAGDE
29/07/2017 /  Actualidade
O pasado 24 de xullo tivo lugar unha reunión entre as directivas da FENAGE (Federación Nacional de Gestores Energéticos) e FAGDE para reafirmar os compromisos de traballo e colaboración entre ambas as organizacións. Podedes ler a nova completa aquí
Ler máis