CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO DEPORTE PARA TODOS

20/10/2020 .

Poderán participar neste concurso de fotografía todas as persoas que o  desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten ás bases publicadas. O prazo de presentación finaliza o día 20 de outubro de 2020, ás 14:00 horas, e non serán admitidas as presentacións por correo postal ou entrega en man. 

As imaxes das fotografías deben estar relacionadas coa temática  en torno ao deporte inclusivo, deporte sostible, muller e deporte, deporte na natureza, deporte urbano e calquera outra, no marco do chamadoDeporte para Todos, entendido como deporte da cidadanía”.


As fotografías presentaranse en formato dixital, admitíndose en JPEG ou TIFF, enviando un correo electrónico a comunicacion@agaxede.org. O tamaño máximo do arquivo será de 2 megabytes e deben remitirse as fotografías acompañadas dos seguintes datos:
Título de cada fotografía
Nome, apelidos e DNI de quén as presenta
Teléfono de contacto
Correo electrónico (e-mail)


VER BASES COMPLETAS FACENDO CLIC AQUÍ
..

¿Queres ser patrocinador do evento?

Lugar do evento

Lugar:

Dirección:

Código postal:

Localidade: