O próximo 05 de maio de 2021, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas), terá lugar a Xornada educativa antidopaxe. Esta xornada estará enfocada a coñecer o novo Código Mundial Antidopaxe e os estándares internacionais de educación que entraron en vigor este 2021. Será gratuita e en formato online.
Os contidos sobre os que se tratará nesta xornada son: valores e xogo limpo, conceptos xerais de dopaxe, aspectos psicolóxicos da dopaxe.
As inscricións rematan ás 00.00 horas do domingo 02.05.2021, a través da aula virtual da Escola Galega do Deporte https://www.edu.xunta.gal/centros/escolagalegadeporte/aulavirtual/
Para máis información no mail: escolagalegadodeporte@xunta.gal ou nos teléfonos: 881996367, 881996365, 881996362.