
Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para os XIII Premios Galicia á Xestión Deportiva 2022, co obxetivo de distinguir as persoas e entidades que destacan, pola súa contribución no desenvolvemento e excelencia, na xestión deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia. O período de presentación de candidaturas estará aberto ata o 25 de outubro de 2022.
Só se admitirán as candidaturas presentadas cubrindo o formulario oficial, facendo clic no seguinte botón:
ENVIA A TÚA CANDIDATURA
Podes consultar máis información nas BASES DA CONVOCATORIA 2022, facendo click no seguinte botón:
BASES DA CONVOCATORIA
As persoas interesados en optar a algún dos premios, poderán presentarse nas seguintes categorías:
- Premio á mellor persoa xestora deportiva
- Premio á mellor actividade ou programa deportivo
- Premio ao mellor concello menor de 15.000 habitantes
- Premio á mellor entidade pública
- Premio á mellor entidade privada
- Premio ao mellor estudo ou innovación
- Premio ao mellor patrocinio deportivo
- Premio á xestión sostible no deporte
- Premio á xestión deportiva de inclusión social
- Premio á xestión deportiva con perspectiva de xénero