
Galicia Sportech Congress é o evento por excelencia sobre deporte, innovación e transformación dixital no noroeste da península. É unha oportunidade para coñecer as tendencias neste sector e adquirir coñecemento, contactos e solucións para a vosa organización.
É un punto de encontro da industria, onde contamos coa visión de innovación Deportistas de elite (David Cal, Antonio Serrat, Teresa Portela, Marta Ortega, Susana Rodriguez, Gomez Noya...) de Clubs (FC Barcelona, Valencia CF, RC Celta, Estudantes, Obradoiro CAB, ....) de federacións (Federacion Española *Átletismo, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Piragüismo ,...) das ligas (A liga, ACB, Euroliga, NBA, ...) empresas de tecnoloxía (Telefonica Tech, Amazon, ...) de aceleradoras e investidores (Hype, SportBoost, Indico, ...) e de Marcas deportivas, (Adidas, ...)
O Congreso desenvolverase en tres espazos:
- Congress Relatorios, mesa redondas charlas sobre a innovación en diferentes áreas do deporte.
- Expo Zone, para compañías sportech, onde:
- Showroom: Daremos a posibilidade de probar as ferramentas a todo o ecosistema do deporte, durante os dous días do evento durante todo o tempo.
- Innovation Circuítos: Organizaremos activacións concretas nun slot determinado sobre diferentes materias ou deportes. (fotografía a continuación)
- Networking Zone, durante o evento gozaremos de distintos momentos de networking para entrar en contacto co resto de players da industria dunha forma distendida
Para máis información e para inscribirse, vaia ao programa a través deste botón: