WEBINAR INFORMATIVO - "FONDOS NEXTS GENERATION: PRESCRICIÓN DE EXERCICIO FÍSICO"

WEBINAR INFORMATIVO -
INFORMACIÓN:
  • Fecha: del Venres, 23 de Setembro de 2022
  • Hora: 09:30h.
  • Online

INSCRICIÓN WEBINAR

O venres 23 de setembro terá lugar un webinar informativo, que terá por título "Fondos Next Generation: Prescrición de Exercicio Físico".

O pasado 18 de xullo de 2022 saíu publicado no Boletín Oficial do Estado o Acordo da Conferencia Sectorial de Deporte, de 9 de maio de 2022, relativo á distribución territorial e criterios de reparto do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia.

A Conferencia Sectorial do Deporte aprobou no marco do Compoñente 26 "Fomento do Sector Deporte" un orzamento para o exercicio 2022 de 26.000.000 € para o "Plan de Modernización das Instalacións Deportivas" e 9.000.000 € para o "Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física".

Dentro do Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física a Galicia lle corresponden 442.349,36 € para investir en:

- Dispoñer dun sistema/ferramenta dixital que de soporte ao plan de prescrición de exercicio desde os centros de saúde.

- Dispoñer de cursos de formación específicos en programas de actividade física e Saúde para os colectivos médicos e educadores físicos. Cunha base de desenvolvemento dixital.

- Crear estruturas deportivo/comunitarias locais "Unidades Activas de Exercicio Físico" ou unidades equivalentes.

Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte, organizan este webinar informativo o vindeiro venres 23 de setembro para informar ao sector de como se van a implementar estes fondos e para coñecer de primeira man as inquedanzas do sector e aportacións ao plan que pódense incorporar desde a industria do deporte. Consideramos que é unha boa oportunidade para dar un impulso e a industria do deporte galego debe estar preparada para presentar os seus proxectos en tempo e forma.