O venres 27 de marzo terá lugar a X Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela), organizada por AGAXEDE e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) Patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e OPSA.
Coa colaboración de BEONE, GADIS, MATRIX, FAGDE (Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España) e a EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
A xornada clausurarase cunha visita guíada ao campo de céspede artificial de Belvis. Para facilitar o traxecto desde a EGAP ata o campo, vos facílitamos na seguinte ligazón o roteiro:
OBXECTIVOS
- Identificar as claves de xestión e mantemento da infraestrutura deportiva municipal.
- Analizar a problemática respecto a as instalacións coa que se atopan os concellos.
- Coñecer os novos sistemas dos campos de céspede artificial e a súa adecuación á normativa europea.
ORIENTADO A PERSOAS
Con responsabilidades técnico-deportivas e políticas na xestión do deporte municipal; directivas de clubs e federacións; responsables das empresas deportivas concesionarias de instalacións municipais e demais entidades ou persoas con interese nesta materia.
DIRECCIÓN
Eduardo Blanco Pereira (Presidente de AGAXEDE)
INSCRICIÓN
Xa está aberto o prazo de inscrición GRATUÍTA en www.agaxede.org. * As persoas asistentes recibirán un DIPLOMA acreditado pola ESCOLA GALEGA DO DEPORTE.
.png)
.png)
RELATORES



