O Foro do Deporte Para Todos celebrará este 2023 a súa duodécima edición, o día 20 de outubro, a partir das 16:30 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva, co apoio do Concello da Coruña. Nesta ocasión a temática do foro será "XESTIÓN DOS CLUBS PARA A IGUALDADE E O BO GOBERNO", e contarase coas intervencións de profesionais cunha gran experiencia no sector.
Obxectivos:
- Analizar o bo goberno e a perspectiva de xénero na xestión dos clubs.
- Valoración das entidades locais co tecido asociativo deportivo do seu ámbito territorial.
- Contribuír ao desenvolvemento dun asociacionismo deportivo soberano, democrático e competente.