XORNADAS DE ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE

XORNADAS DE ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE
INFORMACIÓN:
  • Fecha: del Sábado, 22 de Abril de 2023 al Sábado, 29 de Abril de 2023
  • Hora: de 10:00 a 14:00h.
  • Presencial

Os sábados 22 e 29 de abril, desde as 10 ata as 14 horas, celebraranse as XORNADAS DE ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE nos parques bio-saudables situados na Praza Elíptica dos Rosales, en Novo Mesoiro e na zona do anfiteatro de Santa Margarita, organizada pola Sección Deportiva de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva) coa colaboración do Concello da Coruña. O obxectivo é que as persoas que asistan, poidan coñecer os exercicios físicos que permite cada aparello instalado e o uso correcto do equipamento do parque, ademais de concienciar dos riscos do exercicio físico non controlado.

Unha actividade gratuíta sen necesidade de inscrición previa e para calquera persoa que se achegue aos parques referidos, que recibirán a atención e consellos do alumnado da materia de “Actividade física saudable e calidade de vida” que imparte o profesor Miguel Santiago na Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña.

Estas xornadas, ademais, contribúen a informar e promocionar a participación na XXVIII CARRERA ALTERNATIVA, baixo o lema “Pola Inclusión e a igualdade” que se realizará o 30 de abril, na praza de María Pita, co apoio de JIM SPORTS, GADIS, BEONE e COCA COLA, ademais do patrocinio da Deputación e o Concello da Coruña.