Juan Fuentes Fernández
Juan Fuentes Fernández

CURRICULUM

- Graduado "Cum Laude" en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

- Máster en  Xestión de Negocios Internacionais pola Universidade de Méndez Pelayo.

- Especialista en eSports pola Universidade de Madrid.

- Vicepresidente da Asociación Internacional UAM-I-MUN da Universidade Autónoma de Madrid (2013).

- Cofundador do Instituto Galego de Talento.

- Delegado internacional de "LaLiga" (liga española de futbol), en Egipto.

 

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

 

Si, escoitei e vin algún evento que organizouse e como empecei a traballar na industria do deporte pareceume moi interesante rexistrarme e ser socio

 

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

 

Aínda que viva no extranxeiro (Exipto), son de Vigo, de modo que paréceme moi interesante estar ao día e coñecer profesionales da xerencia deportiva en Galicia. Eu creo que o networking e o intercambio de coñecemento e moi importante no sector de Deporte e este tipo de asociacións teñen esos fundamentos.

 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

 

Soy Delegado de LaLiga en Exipto, Sudán, Libia e Bahrein. Encárgome dos proxectos que LaLiga está executando en estos países e de buscar máis oportunidades. Academias de fútbol, que temos en Exipto con maís de 150 nenos, educación en gestión deportiva (temos un acordo cunha escola de negocios e impartimos cursos de marketing e patrocinio deportivo onde eu tamén son profesor), eventos e activacións de marca, responsabilidade social, intentar potenciar o “engagement” da nosa audiencia nas plataformas dixitais, relacions con medios e portavoz de LaLiga nos mercados numerados.

 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

 

E importante darse a coñecer e leer moito, porque o sector do deporte está evolucionando, ahora mismo hay moita competencia, o deporte retransmitido e entretenimiento e as opcións a día de hoxe con pltaformas como Netflix o HBO son infinitas. Considero vital ter unha visión amplia do sector, non cenirse so a fútbol ou incluso a deporte. Un neno de hoxe en día xoga moito máis videoxogos que no pasado e lle resta tempo para practicar deporte ou ver fútbol. Ao final, o deporte e lecer e agora as alternativas para divertinos no tempo de lecer son case infinitas.

 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

 

Si, pola razón que xa comentei pola necesidade de adquirir novos coñecementos e tamén coñecer xente, cousas que son moi importantes no ámbito da xestión deportiva.

 

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

 

Pois tendo en conta que vivo no extranxeiro e agora somente vou a Galicia en Navidades ou en verán por vacaciones, algo de cercanía ás actividades da xestión en Galicia, tamén estou ao tanto e leo as publicacións e noticias da web.

 

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

 

Potenciar máis a formación dos seus socios con encontros en diferentes eventos, universidades, cursos, seminarios... a reciclaxe e importante

 

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

 

Si pero máis ben a miña red de contactos se expande agora por Oriente Medio e África, se alguén da rede ten interés nalgún destos mercados que non dubide en contactarme.

 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

 

Si, estas redes son importantes no noso sector e cumpren un papel importante neles.