Daniel Agra López
Daniel Agra López

 "Con mis 31 años de edad me defino como un apasionado de mi trabajo, me implico al máximo en cada una de las acciones a desarrollar. El trabajo en equipo es mi máxima."

FORMACIÓN

·  Graduado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte (A Coruña) 2006 - 2011

·   MBA Full Time en Gestión Deportiva (ENDE) por la Universidad Camilo José Cela. 2011- 2012

·   Curso Superior Universitario de Marketing, Comunicación y Gestión de Eventos Deportivos por la Universidad Complutense de Madrid. 2012 - 2013

EXPERIENCIA PROFESIONAL

·   Entrenador equipo alevín y cadete Club Santa Baia de Boiro.

·   Entrenador de baloncesto en las escuelas deportivas del Municipio de Boiro.

·   Monitor Escuelas Deportivas de Verano de Baloncesto en Boiro.

·   Organizador escuelas Deportivas de Verano de vóley playa de Boiro - (2008 -2011).

·   Coordinador Circuito Barbanza de Vóley Playa (2010 – 2015)

·   Fundador y Presidente Club Barraña Vólei Praia. (enero 2012 – 2018)

·   Organizador y director del 1º campus gallego dedicado al vóley playa - Campus Barraña Volei Praia - (junio 2012 - 2016).

·   Prácticas de Gestión deportiva en el departamento de marketing de la FESBA.

·   Colaborador de la FESBA. (diciembre 2012 – junio 2013)

·   Directivo Club Boiro Voleibol – (enero 2013 – 2018).

·   Prácticas departamento de marketing del Obradoiro CAB SAD (enero/junio 2013).

·   Miembro departamento de marketing Obradoiro CAB SAD (julio 2013- junio 2015)

·   Organizador Campeonato España de vóley playa cadete masculino. (agosto 2013).

·   Organizador Campeonato España de vóley playa infantil vóley playa (agosto 2014).

·   Director departamento de marketing y desarrollo de negocio y patrocinios Obradoiro CAB SAD (julio 2015- actualidad).

·   Colaborador gestión Copa del Rey baloncesto A Coruña (febrero 2016).

·   Coorganizador junto con ACB de la Super Copa Endesa – Santiago de Compostela (septiembre 2018).

ENTREVISTA

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si claro, na miña etapa formativa no INEF Galicia de A Coruña foi cando coñecín AGAXEDE e comecei a tomar contacto com eles a través do noso presidente, Eduardo Blanco.

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Durante a miña etapa estudiantil xa colaborei con AGAXEDE en varias das súas actividades, e tamén asistía a congresos e eventos.

Logo de terminar os meus estudios no Inef Galicia seguín formándome no mundo da xestión e dirección deportiva, e non tería sentido traballar nesta rama e non ser parte da Asociación Galega de Xestores Deportivos.

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Logo de terminar Actualmente son o director de marketing, desenrolo de negocio e patrocinios do Monbus Obradoiro, único equipo do noroeste da península que milita na ACB, a mellor liga de baloncesto europeo.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?

 Dentro da miña área é prioritario ter coñecementos do sector deportivo, das leis que afectan tanto as empresas, institucións e ao deporte. Tamén é primordial a planificación, a optimización de recursos e xestión de eventos, así como ter capacidades de marketing e comerciais.

Ter que organizar 17 eventos para 5.000 persoas na tempadas, 4 eventos específicos para empresas vinculadas ao Club, xestionar a gravación dun documental sobre o camiño de santiago con figuras internacionais do baloncesto, coordinar actividades formativas como campus, clinics para adestradores e amais xestionar os patrocinios de 300 empresas vinculadas e buscar novas fontes de ingresos para o Club ACB e as categorías inferiores, implica que todo o equipo teñamos que estar ao 100% e ser versátil.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?

Non é necesario, é prioritario.

É fundamental que exista unha institución que nos protexa como colectivo, que fomente o desenvolvemento da xestión deportiva de calidade, promove a formación continua, organiza actividades no gremio e axúdanos coas dúbidas no sector, hai que apoiala.

E non so me quedaría na existencia de AGAXEDE, se non que deberiamos dar un paso máis e potenciar a creación dun clúster deportivo, onde teñan cabida institucións, empresas e entidades vinculadas ao deporte, tanto do sector público como o privado.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

AGAXEDE como entidade aportoume moito tanto a título individual como colectivo. É a casa dos xestores, un lugar onde resolver todas as nosas dúbidas e poder seguir formándose. Ademais é un lugar onde coñecer e tratar cos profesionais do sector durante a celebración dos cursos, xornadas e seminarios.

E non nos podemos esquecer que gracias a AGAXEDE existen os Premios Galicia de Xestión Deportiva.

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?

Seguir traballando en prol dos xestores deportivos e potenciar actividades/acordos con e entre as entidades vinculadas ao sector para o beneficio dos asociados.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Non teño un contacto diario, pero unha das ventaxas de moverse no mundo do deporte é que nos eventos, congresos e nos partidos sempre cuadras con compañeiros.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?

Por suposto, temos que ser máis e facer forza entre todos polo noso gremio.