ALFONSO MERA RIO
ALFONSO MERA RIO

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte

Master de Preparación Física en Fútbol (RFEF)

Master en Administración y Dirección del Deporte (COE)

Director Técnico-Deportivo na Fundación Imdecum

Director Escuela Base

Preparador Físico en C.D. Burela F.S.

Preparador Físico 

   -Primeira división masculina (LNFS)

   -Segunda división masculina (LNFS)

   -Primeira división femenina (RFEF)

   -Liga Nacional Xuvenil (RFEF)

Profesor Escuela Gallega de Entrenadores (RFGF)

ENTREVISTA

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñezo a entidade dende fai tempo e levo seguindo a súa actividade, someramente, ó longo dos últimos anos.

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Decidín facerme socio de AGAXEDE durante o estado de alarma, no  periodo de confinamento aproveite para borrar da axenda unhas cantas tarefas que tiña previsto facer no futuro, unha delas a miña asociación en AGAXEDE.

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Exerzo como director técnico-deportivo na Fundación Imdecum (Fundación para o impulso do deporte, cultura e turismo na Mariña) e como preparador físico e director da escola base do CD Burela Fútbol Sala Pescados Rubén. Son tamén profesor da Escola Galega de Adestrarores nos cursos federativos de fútbol e fútbol sala da Real Federación Galega de Fútbol.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Considero que a xestión deportiva é unha labor con carácter pluridisciplinar polo que as tarefas e ámbitos que debe dominar un bo xestor son moi variados. No meu día a día intento guiarme por conceptos como; selección de obxetivos, planificación, comunicación, coordinación, feedback, adaptabilidade, traballo cooperativo, coherencia, etc.

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Evidentemente que sí, o ámbito do deporte é moi amplo, paréceme positivo que as súas diferentes ramas teñan representación a través de asociacións de profesionais. A través deste nexo de únión podemos resolver todas as inquedanzas que surxen na xestión do día a día de tódolos asociados.

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

É pouco o tempo que levo pertencendo a asociación, a pesar diso, a súa aportanción ata o momento xa foi importante para mín.

A información actualizada no ámbito da xestión e a formación académica continuada son dous puntos claves para calquer xestor deportivo, neses aspectos síntome suficientemente respaldado pola labor que fai AGAXEDE.

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Que siga tendo ilusión por medrar e mellorar o funcionamento da entidade, tanto no ámbito dos asociados como no ámbito da súa estructura interna de funcionamento, unha base sólida repercutirá favorablemente no desenrolo de tódalas súas actividades.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

 Sí, manteño contacto frecuente con diferentes xestores da nosa comunidade, tanto no ámbito privado coma no público. Considero que que este tipo de relacións son primordiais para o desenrolo profesional e persoal.

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Sen lugar a dúbidas, a únión fai a forza e a pertenza a un grupo no que os seus integrantes compartan intereses comúns vai a repercurtir no beneficio xeral da entidade e de tódolos seus asociados. Se a túa paixón é a xestión deportiva, AGAXEDE é a túa entidade.