SABELA LONJA DIOS
SABELA LONJA DIOS

CURRICULUM VITAE 

Académico e profesional:

-Graduada en Dereito pola UDC

-Avogada (Máster Avogacía ICACOR + Máster Dereito Deportivo)

-Presidenta e Xestora do Clube de Taekwondo Sada

-Formadora das categorías de base do Clube de Taekwondo Sada

-Adestradora de Taekwondo Nivel I

-Monitora de Ocio e Tempo Libre

Deportivo:

-Sub Campeona de Europa Universitaria de Taekwondo

-Campiona de España Júnior, Sub 21 e Universitaria de Taekwondo

-Deportista Galega de Alto Nivel DGAN 2008-2012

-Mellor Deportista da Universidade da Coruña 2012

-Cinto Negro de Taekwondo

 
ENTREVISTA

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñecín AGAXEDE a través dunhas xornadas de formación para xestoras deportivas a modo de webbinar durante a pandemia.  

2. Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Durante o webbinar dínme conta de que AGAXEDE era unha plataforma seria formada por xente competente que, por outra banda, cumpría unha función básica dentro do mundo das entidades deportivas: a axuda e formación das persoas encargadas da xestión desas entidades, pois a maioría somos autodidactas e ímos aprendendo a medida que nos enfrontamos a problemas do día a día. AGAXEDE é a ferramenta perfecta para poder formarte antes de enfrontrarte á vida diaria dunha entidade deportiva. 

3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son avogada (especialista en dereito deportivo, aínda que non exerzo neste ámbito na actualidade) e xestiono o Clube de Taekwondo de Sada (anteriormente Natural Sport Sada) no que ademáis son encargada da formación da base do clube.

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, quetarefas consideras primordiais?

Paréceme primordial a profesionalidade e o trato persoal. As persoas que acoden a unha entidade deportiva merecen ser atendidas por profesionais do sector e que eses profesionais sexan empáticos e poidan acompañar a deportistas e familias nesa traxectoria vital. Os xestores deportivos temos que velar porque o clube, a tódolos niveis, sexa unha maquinaria perfecta no que encaixen tódolos engranaxes. 

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

AGAXEDE ven a encher un vacío total na formación dos xestores deportivos que, coma comentei nunha das preguntas anteriores, son na súa maioría autodidactas. É necesario que exista a asocación pois, en moitos casos, as xunta directivas dos clubes están formadas por pais e nais sufridores, que están dispostos a invertir tempo do seu ocio en axudar a cumplir os obxetivos de entidades deportivas. AGAXEDE é quen de dar a esos xestores tódalas ferramentas para poder desenrolarse no ámbito da xestión de forma eficiente e minimizando erros.

6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Até o momento valoro moito a información, especialmente nos tempos incertos que vivimos. A información sobre medidas covid, axudas económicas, congresos e demáisproporciónancha nun tempo récord. E hoxe en día, a información é poder!

7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

No futuro penso que AGAXEDE debería ser unha ferramenta capaz de chegar a tódolos clubes e entidades deportivas galegas, agora que formo parte dela, non imaxino a xestión se non é da man de AGAXEDE.

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Aínda que son afeccionada de moitos deportes, o meu talón de Aquilas é o taekwondo, e dentro dos clubes que formamos a federación galega hai moita comunicación a tódolos niveis: organización de actividades, propostas asamblearias, medidas de actuación; o contacto é moi estreito entre nós. 

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Sen dubidalo. AGAXEDE da respostas eficaces a tarefas do día a día, o que fai que o tempo invertido sexa menor, con AGAXEDE son máis eficiente.