BEGOÑA ROQUE
BEGOÑA ROQUE

CURRICULUM VITAE

-Animadora Socio Cultural.

-Actriz e docente en formación teatral.

-Xestora de Mapache Climbing.

 

ENTREVISTA SOCIO/A DO MES 

1.   Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Coñecín AGAXEDE en un intento desesperado na procura de información tras o Covid. Tanto meu socio coma eu, sentiámonos moi sos y desinformados, tíñamos a necesidade de unirnos a outras persoas do noso sector para compartir estes momentos tan angustiosos e en AGAXEDE atopamos a resposta.

2.   Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Tras atoparos en internet e ver a vosa páxina,  puxémonos en contacto con vos para aclarar alguhas  dubidas e decidimos asociarnos, sodes o acompañamento que estabamos a buscar nestes intres tan difíciles.

 3.   A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Profesionalmente, dedícome a o teatro e levo a xestión de Mapache.

 4.   No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

A calidade do servizo, que os profesionais deportivos acompañen, asesoren e informen os deportistas creando comunidade e transmitindo paixón polo deporte, no meu caso, a escalada.  

 5.   Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Considero que a unión fai a forza, defendendo o deporte como actividade esencial. Xuntos podemos facer do deporte unha filosofía de vida cara a comunidade.

 6.   Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento?

Acompañamento, información en estes momentos tan complicados e saber que existides para botar unha man.

 7.   Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Forza, crecemento para seguir apoiando o deporte en toda a súa amplitude e ser un referente en Galicia.

 8.   Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

A verdade e que non, acabamos de chegar a este mundo da xestión deportiva, xa que Mapache Climbing fai pouco que abriu as súas portas, pero pouco a pouco iremos tomando contacto e colaborar en futuros eventos e intercambiar información. Como ben di a nosa compañeira Sabela Lonja, a información e poder. 

 9.   Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Claro, como dicía antes, a unión fai a forza e sempre é moi importante saber que non estas so.