ANTÓN BLANCO REY
ANTÓN BLANCO REY

Currículum vitae

-       Coordinador de Brava Surf

-       Fundador de Conectando Movimiento

-       Entrenador Personal NSCA 

-       Anteriormente Instructor de Surf e outras disciplinas en: Raz Surf Camp, Dreamsea Costa Rica, Riders Fuerteventura…

-       Estudiante e profesor de movimiento en formación e práctica constantes.

ENTREVISTA SOCIO/A DO MES 

Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, coñecía a Asociación e a varias persoas implicadas nela.

Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Cando ademais de traballar na parte da didáctica tiven que responsabilizarme de asuntos relacionados ca xestión do clube do que formo parte, dinme de conta de que necesitaba asesoramento.

A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son coordinador de Brava Surf. Temos sede en Bastiagueiro pero nos movemos por tódalas praias da zona. A miña principal labor e o ensino e dirixir o bo funcionamento das clases e actividades, pero agora ademais son responsable da parte de subvencións do clube.

No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Estou descubrindo cómo algunhas tarefas que suceden en segundo plano ou ás que non se lles presta tanta atención poden ser igual de determinantes para a calidade do servizo que a propia clase, ou o que o alumno recibe "directamente". 

Antes veía só o que sucedía a pé de praia e non tiña unha imaxe tan completa. Creo que é importante coidar da xestión sin abstraerse do contacto directo ca actividade: no meu caso, as clases. 

Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Claro, moitos de nós atopámonos perdidos cando nos toca comezar a lidiar co entramado burocrático da xestión deportiva. Ás veces fáltanos a educación máis básica...

Que che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento? 

Asesoramento directo, rápido e moi cercano sempre que o necesitei. Da mellor calidade.

Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Simplemente que manteña a calidade, a paixón e a autenticidade no servizo. Estou seguro de que así será.

Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?

Son un recién achegado. Coñezo a algúns e pouco a pouco terei máis contacto ca comunidade.

Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

A considero imprescindíbel.