JAVIER GARCÍA
JAVIER GARCÍA

CURRICULUM VITAE

- Técnico Superior en Actividades Físico Deportivas

- Diplomado en Maxisterio de Educación Física

- Máster en Alto Rendemento en Deportes Cíclicos

- Adestrador Deportivo Tríatlon Nivel I

- Adestrador Deportivo Ciclismo Nivel II 

ENTREVISTA PERSOA ASOCIADA DO MES

Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Non, coñecín AGAXEDE durante a pandemia buscando información de como poder continuar cos adestramentos do club.

Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Por a súa labor, sentín que era preciso formar parte da asociación para estar ao corrente da xestión de entidades deportivas.

A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Son adestrador persoal de ciclistas e triatletas, e o adestrador da A.P San Ramón de Vilalba onde temos uns 40 nenos e nenas de idade escolar que practican tríatlon e dúatlon

No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

Na situación que nos atopamos creo que o primordial é poder ofertar actividade físico deportiva saudable, para elo as entidades deportivas debemos contar cun bo proxecto para poder conseguir apoio económicos.

Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Si, para poñer en valor a xestión deportiva

Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Información e resolución de dúbidas tanto na situación Covid como en temas de xestión do club

Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Continuar coas formacións

Mantés contacto co resto de personas xestoras deportivas da Comunidade Galega?

Si pero dentro do ciclismo e do tríatlon, quizás deberíamos de abrir a outros deportes para aprender deles.

Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Si, isto canto máis grande sexa máis aprendemos todos