BORJA DE LA PUENTE
BORJA DE LA PUENTE

CURRÍCULUM

- Coordinador de Actividades Deportivas. Dispositivo de Emerxencia e Atención Humanitaria Las Raíces. San Cristobal de La Laguna, Tenerife.(2021-Actualidade).

- Profesor Actividades Deportivas. Colegio Obradoiro. A Coruña. (2006-2018).

- Proxecto de Colaboración en Formación Deportiva e Profesorado. Nicaragua y Honduras.(Xullo e Agosto 2015).

- Presidente e Director Técnico. Hockey Club Xolda. (2009-2012).

- Coordinador Torneo Hóckey sobre patines “XOLDA STARS”. (2010-2011).

- Coordinador Campamento Deportivo “XOLDACAMPA”. (2011).

- Grado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

- Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

ENTREVISTA

Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?

Si, coñecín AGAXEDE na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte cando comecei a indagar sobre a xestión deportiva e a posibilidade de fundar un club deportivo.

Como decides facerte socio/a de AGAXEDE?

Fíxenme socio no 2010 cando fundei cun compañeiro un club de hóckey a patíns, AGAXEDE era unha rede de xestores deportivos con experiencia polo que foi unha gran decisión facerme socio e poder recibir soporte e asesoramento de persoas do ámbito da xestión deportiva en Galicia.

A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?

Na actualidade coordino e xestiono as actividades deportivas no Dispositivo de Emerxencia de Atención Humanitaria Las Raíces en Tenerife, con capacidade para 2400 usuarios. É un centro de acollida temporal para persoas inmigrantes. 

 Foi todo un reto poñer en marcha este proxecto, pois desenvólvese nun ámbito do deporte e, da xestión deportiva en particular, que está nada ou moi pouco documentado e traballado, ademais exixe dunha perfecta e constante coordinación cos diferentes departamentos do dispositivo, no que se traballa cun colectivo que presenta unhas características moi específicas e nun contexto moi particular.

No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?

 A hora de xestionar un  plan de actividades deportivas nun dispositivo de emerxencia de atención humanitaria e imprescindíbel:

 ·      Facer unha correcta lectura do contexto no que se traballa, analizando con quen e en que situación están as persoas as que se destinan as actividades.

 ·      Adaptar os obxectivos e actuacións ás necesidades e peculiaridades do contexto. O deporte debe ser unha ferramenta que sume a hora de mellorar o benestar das persoas que atravesan momentos de gran dificultade e incerteza, así como contribuír á mellorar a convivencia neste tipo de espazos.

·      Ter capacidade de reacción e adaptación ás circunstancias do día a día, así como capacidade organizativa e de traballo en equipo.

·      Saber ser resolutivo e eficiente.

·      Ter unha base de coñecementos e experiencia previa.

·      Ofrecer calidade.

Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?

Si, AGAXEDE é unha rede de apoio e de comunicación para os xestores deportivos que, a maiores, facilita formación e asesoramento. 

Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?

Cando comecei coa miña andadura como cofundador e presidente do club de hóckey a patíns, AGAXEDE foi de gran apoio facilitando o local social para reunións cos socios da entidade, contactos cos concellos, asesoramento na xestión do club, etc. Foi de gran axuda.

A partires desa foi unha fonte de información para estar actualizado no ámbito da xestión deportiva.

Que lle pedirías nun futuro á Asociación?

Por lanzar unha proposta, crear unha rede ou sección que funcionara de forma similar a unha axencia de emprego, facilitando contacto entre empresas que están na procura de persoal e socios que busquen emprego ou unha mellora do posto actual.

No meu caso, remato proxecto en abril e regreso a Galicia, seríame de gran axuda ter un lugar especializado ao que recorrer para dar a coñecer a miña dispoñibilidade laboral para postos relacionados coa xestión deportiva.

Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?

Si, con algúns sigo a manter o contacto.

Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?

Si, por todo o exposto anteriormente.