CURRÍCULUM
- Graduada en Ciencias da Actividade Física e o deporte.
- Máster Universitario en Profesorado de Educación Física.
- Máster Universitario en Dirección e Xestión Deportiva.
- Título de Entrenadora Territorial de Balonmán.
- Responsable de Marketing, Publicidade e Redes Sociais das Escolas de Balonmán de Abegondo.
- Adestradora das categorías base das Escolas de Balonmán de Abegondo.
ENTREVISTA SOCIO/A DO MES
1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socia?
Sí, coñecina durante a carreira, o presidente era o noso profesor.
2. Como decides facerte socia de AGAXEDE?
Como ben dixen antes, Eduardo era o noso profesor, tiñamos a posibilidade de axudar en AGAXEDE de xeito voluntario, e non perdín a oportunidade. Sabendo que traballar no ámbito da xestión seria o meu camiño, penso que non podía desvincularme.
3. A que te dedicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Actualmente son adestradora das categorías base das escolas municipais de balonmán en Abegondo, e son responsable da xestión das redes sociais e a publicidade da mesma.
4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, que tarefas consideras primordiais?
Considero que non so na xestión, se non que na vida en xeral, a relacion entre persoas e coas persoas dalgún xeito está a pasar a un plano secundario. Estase a perder esa prioridade de ofrecer a persoa que temos diante un servicio de calidade, cubrindo este vacio cun exceso de información ou de carga de traballo. A comunicación entre persoas, e o vinculo entre a persoa que da un servizo e persoa que o recibe, debe ser prioritario para o éxito no noso desempeño profesional.
5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por que?
Considero que a prol de mellorar todos e de poder aportar algo diferente, a existencia dunha entidade como Agaxede pode ser un punto de encontro para tódalas persoas que queren desempeñar ou desempeñan diferentes funcións dentro da xestión deportiva.
6. Que che aportou a Asociación Galega de Xestión Deportiva ata este momento?
A posibilidade de participar en diferentes actividades organizadas por Agaxede, permíteme actualizar os meus coñecementos, enriquecer a miña formación, así como manter contacto ou coñecer a moitos compañeiros do sector.
7. Que lle pedirías nun futuro á Asociación?
Dirialle que este é o camiño a seguir, e pensando nun futuro cada día mais incerto, formar parte dunha asociación que dalgún xeito axuda e asesora a os profesionais do sector, incrementa o valor da mesma. Esperemos poder exprimir moito mais e impulsar novos proxectos no ámbito da xestión deportiva en Galicia.
8. Mantés contacto co resto de persoas xestoras deportivas da Comunidade Galega?
Sí, no día a día coincido con moitos profesionais do sector, manteño contacto diario con moitos compañeiros cos que traballo, que a día de hoxe xa son mais que compañeiros, son amigos.
9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertenza a AGAXEDE?
Non mo pensaría, sei que tódolos profesionais relacionados coa xestión deportiva sacarían moito partido de Agaxede, e seguro que Agaxede deles tamén.