A VI XORNADA DE XESTION DEPORTIVA MUNICIPAL RECUPERA CON GRAN EXITO A PRESENCIALIDADE

A VI XORNADA DE XESTION DEPORTIVA MUNICIPAL RECUPERA CON GRAN EXITO A PRESENCIALIDADE

INTRODUCCIÓN

Durante a mañá deste Venres, 1 de abril, tivo lugar a VI Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios, na Escola Galega de Admnistración Pública (Santiago de Compostela). Esta edición tratou o tema da “Xestión concesional dun servizo deportivo municipal” e serviu como “I Encontro de sobre Xestión Deportiva BEONE”. Cabe destacar que acudiron preto de 200 persoas a este evento formativo, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e GADIS.

Era a primeira vez que esta xornada volvía ao seu formato orixinal, recuperando a presencialidade, despois de dous anos nos que se celebrou de forma dixital, debido ás restricións sanitarias ocasionadas pola pandemia.

DESENVOLVEMENTO:

Eduardo Blanco Pereira (Presidente de AGAXEDE), xunto con Alberto Varela Paz (presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía de Arousa) e Iván Clavel Sanemeterio (Xerente da Fundación Deporte Galego) realizaron o acto de apertura oficial da xornada.

Na primeira intervención, ás 10:00 horas, José María Cabrera Domínguez, expuxo as “Ferramentas para unha xestión indirecta do deporte municipal”, seguido por Roberto Ramos Piñeiro, cun relatorio sobre “Xestión concesional deportiva. O caso de BEONE. Bondades e retos da colaboración pública-privada” que, tras un pequeno descanso, dou paso a Milagros Díaz Díaz, que tratou o tema de “A colaboración público-privada na xestión deportiva municipal. Caso Alcobendas” poñendo fin aos relatorios.

Eduardo Blanco Pereira (Presidente de AGAXEDE) e Roberto Ramos Piñeiro (CEO de BEONE), clausuraron a xornada agradecendo ás persoas asistentes por participar nesta sexta edición e a ás persoas relatoras e voluntarias, ademais das entidades patrocinadoras que fixeron posible a organización deste evento.

Foto da sala durante o transcurso da xornada.

Tras a clausura, ás 13:00, a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) comezou a súa Asemblea xeral ordinaria 2022, no mesmo salón de actos da EGAP, onde se fixo o balance económico do exercicio 2021, aprobouse o plan xeral de actividades e orzamento 2022, entre outros puntos do orde do día.

 

Compartir esta noticia: