AGAXEDE CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO

AGAXEDE CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO

CREACIÓN DE AGAXEDE
A iniciativa do querido colega e amigo xa falecido, José Luis Salvador Alonso e de Eduardo Blanco Pereira, por aquel entón profesores do chamado INEF-Galicia, convócase unha reunión que se celebrou o 17 de marzo de 1998, ao obxecto de promover a constitución da ASOCIACIÓN GALEGA DE XESTORES DEPORTIVOS (AGAXEDE), actualmente denominada por tratamento de xénero, ASOCIACIÓN GALEGA DE XESTIÓN DEPORTIVA.
A reunión desenvolveuse no mesmo INEF-Galicia, hoxe denominado Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, asistindo á cita, ademais de profesores do centro, técnicos deportivos dos municipios de Vigo, Ourense, Pontevedra, Mondoñedo, Fene, Carballo, Oleiros, Abegondo e Deputación de Ourense, ademais de entidades privadas como La Solana (A Coruña).

A SEDE
A Casa do Deporte é un inmoble situado na Rúa Darwin, nº1, de titularidade do Concello de Oleiros que se atopaba en estado ruinoso, despois de ser no seu día a “Oficina de Información Xuvenil” e sede de Protección Civil.
AGAXEDE, xunto coa Asociación Española de Deporte Para Todos, ambas as entidades presididas por Eduardo Blanco Pereira, realizou a solicitude ao Concello de cesión de uso do inmoble concedido mediante Decreto de Alcaldía nº 4.420/2008, do 21 de outubro de 2008, xestionando un proxecto de rehabilitación, que finalizou o 13 de febreiro de 2009, mediante convenio coa Consellería de Presidencia e o apoio de varias empresas.

VER HISTORIA

Se aínda non formas parte de AGAXEDE, non esperes máis e asóciache facendo click no seguinte botón:

ASÓCIACHE

Compartir esta noticia: