AGAXEDE PARTICIPOU NO SPORTS DAY DE JIM SPORTS

AGAXEDE PARTICIPOU NO SPORTS DAY DE JIM SPORTS

A empresa JIM SPORTS ubicada no municipio galego de Palas de Rei (Lugo), este pasado 24 de xullo celebrouse nas suas instalacions a terceira edición do SPORTS DAY, un evento social e deportivo concebido e organizado baixo a batuta de Jim, como así gustalle ser coñecido ao empresario e coñecido emprendedor. A sua finalidade e reunir durante toda unha xornada e entorno ao deporte, a máis de dous centenares de persoas vinculadas a federacions e clubes, empresas de venta de artículos deportivos, empresas galegas de servicios deportivos, algunhas procedentes de outras Comunidades Autónomas e, incluso, doutros países como México, ou educadoras e educadores deportivos pertenecentes ao COLEF-Galicia como Vicente Gambau, presidente do Consello XERAL de COLFs de España.

Unha festa do deporte na que estiveron coñecidos deportistas como Fernando Romay (socio de honor de AGAXEDE), o futbolista Fran o Pepe Casal que foi preparador físico de Pau Gasol. Tamén foi invitada a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) que non podía faltar a esta cita, na que estuvo representada polo seu presidente Eduardo Blanco e o seu coordinador Cristian Gavril.

Como ben e sabido, existe unha relación estreita e de moitos anos entre AGAXEDE e JIM SPORTS, habiéndose convertindose nun dos baluartes do patrocinio que fai posible a organización e éxito da Carreira Alternativa, actividade que predica e promove a igualdade e a inclusión no deporte dende os seus oríxes e que, na sua edición de 2025, conmemora o seu trinta aniversario.

 

Compartir esta noticia: