CELEBRADA CON GRAN ÉXITO A VII XORNADA DE XESTIÓN DEPORTIVA PARA PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS

CELEBRADA CON GRAN ÉXITO A VII XORNADA DE XESTIÓN DEPORTIVA PARA PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS

Este martes, día 28 de marzo, en horario de 10:00 a 14:30 horas no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita en Santiago de Compostela, a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) organizaron a VII XORNADA DE XESTION DEPORTIVA PARA PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS-2023 co sobrenome de II Encontro Xestión Deportiva BEONE.

Este evento sobre A planificación da xestión deportiva ante as eleccións locais está patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, Fundación Deporte Galego, BEONE e GADIS, coa colaboración do Consello Superior de Deportes, Fundación Deporte Novo e Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE).

Na inauguración oficial, estiveron presentes Alberto Varela, presidente da FEGAMP, Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE e Félix Jordan, director da Fundación Deporte Joven.

O primeiro relator, Rafael Ballesteros, técnico de deportes do Concello de Íscar (Valladolid), falou sobre a necesidade de planificar na xestión deportiva municipal, seguido de Félix Jordán que expuxo unha serie de ferramentas relacionadas co mecenado deportivo e impulsadas desde a fundación que dirixe, que poden axudar ás entidades para superar a dependencia das subvencións públicas.

Tras unha pausa, ás 12:30 comezou unha mesa redonda onde participaron representantes de cada un dos grupos parlamentarios: Daniel Castro do BNG, Guadalupe Murillo do PP de Galicia e Julio Torrado do PSdeG-PSOE, para presentar o programa electoral en materia de xestión deportiva municipal.

Eduardo Blanco, realizou a última intervención da mañá, falando sobre as claves desde as que debe partir un programa electoral en materia deportiva.

 

Compartir esta noticia: