CELEBRADO O II ENCUENTRO DA XESTIÓN DEPORTIVA DE GALICIA
O pasado 13 de decembro, o Pazo da Cultura de Carballo foi o epicentro de dous importantes eventos no ámbito deportivo galego: o II Encontro da Xestión Deportiva de Galicia e a Gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva.
Antes de inaugurar o II Encontro, a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar asinaron un convenio de colaboración para reforzar os vínculos entre ambas entidades e impulsar o desenvolvemento do sector.
A partir das 17:30 horas, o II Encontro da Xestión Deportiva de Galicia reuniu a destacados profesionais e representantes de entidades deportivas e públicas. Entre os asistentes atopábanse membros do Clúster, de AGAXEDE e do Concello de Carballo. Durante o evento abordáronse cuestións clave sobre as motivacións e barreiras para a práctica deportiva en Galicia, ademais de presentarse datos oficiais a través dun vídeo explicativo.
A xornada culminou coa Gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, precedida por un momento destacado: a entrega do Premio Attilio Pontanari por parte do Clúster a Rafael Martín Acero, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, en recoñecemento á súa traxectoria e contribución ao deporte galego.
Galería fotográfica do II Encontro: