Ciencia, Actividade Física e Deportes para Previr a Obesidade

Ciencia, Actividade Física e Deportes para Previr a Obesidade

O pasado martes, 30 de xaneiro tivo lugar a Xornada "Ciencia, Actividade Física e Deportes para Previr a Obesidade", organizada polo Consello Superior de Deportes, a Fundación Deporte Joven, a Sociedade Española para o Estudo da Obesidade e a Fundación SEEDO, na Sala Magna da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.


A xornada comezou cun xantar e unha camiñata saudables polo Consello Superior de Deportes. Continuou cunha serie de ponencias para analizar a situación actual e o marco de traballo da obesidade, e unha mesa redonda con propostas para impedila mediante actividade física e deportiva.

Nesta loita contra a epidemia da obesidade, e a favor de que a cidadanía adquira e consolide hábitos saudables, en nome de FAGDE, participou o vicepresidente Fernando Romay. 

Compartir esta noticia: