ENTREGA DE PREMIOS COLEF GALICIA 2023
O COLEF Galicia celebrou a entrega de premios do seu 40 Aniversario no Edificio Cersia de Santiago, o 18 de marzo de 2023 ás 19:30 horas.
Durante este acto entregáronse varios premios en diferentes categorías, entre elas "Social", "Xestión Deportiva", "Rendemento", "Docencia", "Saúde" e un premio especial. O obxectivo destes premios é dar a coñecer á sociedade o labor de persoas de recoñecido prestixio nos diferentes ámbitos da actividade física e deportiva profesional en Galicia.
As persoas galardoadas foron premiadas pola súa contribución á promoción e difusión dos valores da actividade física, así como polo súa defensa dos intereses da cidadanía na prestación de servizos físico deportivos.
AGAXEDE enorgullecese de estar representada pola súa Secretaria Xeral Carla Da Silva, que recibiu o premio na categoría "Social", ademais do recoñecemento do COLEF Galicia ao proxecto "MixedAbility". Este proxecto está impulsado por IMAS e busca a inclusión social a través do deporte.
Tamén queremos facer unha mención especial para os nosos socios Javier Rico e Ricardo Pérez, que recibiron o premio á xestión deportiva e premio especial, respectivamente.
As nosas felicitacións tamén ás demais persoas premiadas:
- Adrián Haro; premio na categoría "Rendemento".
- Roberto J. Barcala; premio na categoría "Docencia".
- Nuria Freire; premio na categoría "Saúde".