FAGDE PON EN MARCHA O ESTUDO SOBRE O PERFIL DA PERSOA XESTORA DO DEPORTE EN ESPAÑA

FAGDE PON EN MARCHA O ESTUDO SOBRE O PERFIL DA PERSOA XESTORA DO DEPORTE EN ESPAÑA

A Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE) puxo en marcha a primeira fase do Estudo sobre o Perfil do Xestor e a Xestora do Deporte en España, proxecto que conta co apoio do Consello Superior de Deportes. O obxectivo de esta investigación é o de coñecer en profundidade a realidade dunha profesión desenvolta por miles de persoas no noso país.

A iniciativa xorde da necesidade de solventar a escasez de información en torno aos e as profesionais que xestionan o deporte en España. Aínda que hai unha regulación das súas funcións nalgunas comunidades autónomas a través de diferentes leis das profesións do deporte, necesítase un achegamento á realidade en canto aos seus datos socio-demográficos, que competencias desenvolven e cales son as súas necesidades.

Precisamente, esta primeira fase centrarase na recopilación de datos para, posteriormente, pasar ao análise dos mesmos e a un diagnóstico final do estado da profesión no noso país. A tal fin, elaborouse un cuestionario que se distribuirá polas 13 asociacións autonómicas integradas en FAGDE e que tamén se dará a coñecer a todas as persoas e entidades vinculadas ao sector en xeral para poder chegar ao máximo número posible de profesionais da xestión deportiva en España.

A posta en marcha deste estudo enmárcase dentro dos obxectivos fundacionais de FAGDE, entre os cales están o recoñecemento da figura profesional do xestor e a xestora do deporte e o fomento da súa formación continua e permanente. Coordinado polos doctores Manel Valcarce e Jerónimo García-Fernández, esta investigación verase reflectida finalmente nun informe de carácter público que contribuirá a orientar no futuro accións formativas, divulgativas e relativas á xestión do coñecemento. 

No seguiente enlace pode accederse ao CUESTIONARIO DEL ESTUDIO SOBRE EL PERFIL DEL GESTOR Y LA GESTORA DEL DEPORTE EN ESPAÑA.

Compartir esta noticia: