ROLDA DE PRENSA DA CARREIRA ALTERNATIVA

ROLDA DE PRENSA DA CARREIRA ALTERNATIVA

A Coruña acollerá este domingo, 30 de abril, a XXVIII Carreira Alternativa, unha proba inclusiva e igualitaria desde fai 28 anos, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva no marco do 25º aniversario desta entidade, e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de A Coruña. Ademais fan posible esta actividade as empresas Beone, Jim Sports, Gadis e Coca Cola.

Esta mañá foi presentada a carreira pola alcaldesa, Inés Rey, e o promotor da proba, Eduardo Blanco. Nesta edición o lema será ‘Pola inclusión e a igualdade’ e desde a organización inciden en que non se trata dunha competición, senón dun evento lúdico que se pode facer correndo, andando, en patíns ou bicicleta ou en cadeira de rodas. A carreira partirá de María Pita e un vehículo da policía local marcará o ritmo máximo do desprazamento. As persoas participantes irán o Obelisco onde xirarán cara rúa Alta e percorrerán o paseo marítimo en dirección á Torre de Hércules, baixando polo Club do Mar, a dársena deportiva e chegando a María Pita. O circuíto transcorrerá pola rúa, agás no tramo en obras do paseo, á altura dos Pelamios.

“Esta carreira ten un forte compoñente reivindicativo e nesta edición o seu lema fala de valores que poñemos en práctica a diario na Coruña e que fan desta unha cidade aberta a todas as persoas”, sinalou Inés Rey. Nesta proba non é necesario inscribirse salvo para ter o
seguro de accidentes e non haberá dorsais, reforzando o seu carácter lúdico. Ademais, na praza de María Pita haberá diferentes actividades e xogos para tódalas idades. Distribuiranse camisetas e bebidas hasta que se esgoten e nas estacións de xogos, boletos para participar
no sorteo final.

A carreira comezará ás 11.00 horas e está prevista a participación de máis dun millar persoas. Na saída estará presente o deportista e coruñés, Fernando Romay, que apadriña a proba dende a súa primeira edición e dará a saída xunto con Eduardo Blanco, presidente de
AGAXEDE e Yoya Neira, concelleira de Benestar da Coruña.

A Coruña, 25 de abril de 2023

A proba pioneira na Coruña, partirá de María Pita hasta o Obelisco e subirá hasta Rúa Alta seguindo polo Paseo Marítimo, Club del Mar de San Amaro, dársena deportiva e chegando de novo a María Pita. 

Compartir esta noticia: