O OBSERVATORIO INTERNACIONAL DO DEPORTE INICIA A SÚA ANDADURA
O pasado 22 de agosto máis de 40 especialistas en xestión deportiva acordaron constituir o Observatorio Internacional do Deporte (OID), asociación que ten a súa sede en Barcelona. Os membros fundadores desenvolverán a súa actividade nos seus respectivos países de Europa e América (Andorra, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Italia, México, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal y Suiza) e poñerán en común os seus coñecementos e experiencias no ámbito deportivo para alcanzar os obxectivos do Observatorio.
O Observatorio nace cunha vocación plural, democrática e independente, coma un gran colectivo internacional de profesionais expertos, directivos de entidades deportivas e profesores universitarios, que recollen e analizan datos, comparten experiencias, diagnostican, opinan e propoñen melloras en diversos campos do deporte nacional e internacional.
Entre os principais obxectivos do Observatorio poden citarse os seguintes:
1. Fomentar a mellora, participación e cooperación coas organizacións e institucións do sector deportivo que, dende diferentes puntos de vista e intereses, desenvolven a organización do deporte, as súas infraestructuras e actividades.
2. Servir de plataforma de discusión, debate e intercambio de ideas e información entre institucions e individuos, abrindo vías de comunicación sobre o sector público e,o privado, constituindo unha corrente xeneradora de opinión independiente e plural.
3. Promocionar os valores do deporte na sociedade, a cultura e a economía, así como a educación e o respecto ao medioambiente e sostibilidade dos seus espazos, individuos e colectivos.
Como actividades principais do Observatorio, destacan as seguintes:
1. Difundir e servir dende o OID como centro de promoción e debate entre as empresas e organismos e institucions deportivas nacionais e internacionais.
2. Subliñar e divulgar as boas prácticas do deporte nas organizacions e institucions.
3. Analizar, valorar e diagnosticar as tendencias do sector deportivo e o seu correcto desenvolvemento e impulso, promovendo plans de actuación estratéxica para a súa mellora e aplicación.
4. Organizar xornadas, seminarios ou congresos, tanto de forma presencial coma telemática, sobre materias vinculadas ao deporte.
5. Desenvolver a capacitación directiva entre os deportistas, técnicos e organizacións.
6. Prestación de servizos de asistencia e asesoramento a persoas físicas e xurídicas, no ámbito do deporte, así coma a elaboración de estudos, análises, informes, plans estratéxicos, plans de viabilidade, etc.
7. Promover e desenvolver a publicación e edición de artigos, revistas, libros do sector deportivo, nos seus diferentes formatos.
A Xunta Directiva do Observatorio está constituida por Joan Celma (presidente), Leonor Gallardo (vicepresidenta 19), Javier Latorre (vicepresidente 2º), Vicente Javaloyes (vicepresidente 3º), Manel Valcarce (secretario), Virginia Serrano (tesoreira), Juan Andrés Hernando (vocal Relacions Institucionais), Ángela Jasmín (coordinación internacional), Isilda Días (coordinación internacional), Dimas Pinto (vocal), Carla Silva (vocal) e Cristian Florin, como coordinador.