PUBLICADAS AS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-1

PUBLICADAS AS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-1

Publicada a ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

As medidas previstas nesta orde producirán efectos dende as 00.00 horas do día 23 de outubro de 2021 

Os principais cambios, no ámbito deportivo, a ter en conta nesta data:

- Pérmitese o úso ao 100% dos vestiarios e aseos en todas as instalacións.

- Nas piscinas ao aire libre ou cubertas de uso recreativo, poderán dispoñer do 100% da súa capacidade, tanto no acceso, como na propia práctica deportiva ou recreativa

Por outro lado:

- Continuan as ocupacións en competicións deportivas con público, co 100% do aforo en exterior e 80% en interior, sempre que o público permaneza sentado e se granten as medidas establecidas no punto 1.3 

- O úso da máscara continúa sendo obrigatoria, na realización de adestramentos e competicións e en centros docentes. En actividade e deporte individual en espazos ao aire libre e na vía pública, non será obrigatorio o uso da máscara, sempre que se manteña a distancia interpersonal de 1,5 metros.

- Na actividade física e deportiva non federada, non se establecen agrupamentos máximos para a práctica deportiva. Pérmitese a realización de forma individual ou colectiva en instalacións e centros pechados asi como en espazos ao aire libre e en piscinas ao aire libre ou cubertas.

 

Ver ORDE completa aquí

Compartir esta noticia: