REORDENADA A ESTRUTURA DE XESTION DO DEPORTE GALEGO
Publicado o DECRETO 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O presente decreto establece un marco de estabilidade con respecto á estrutura da anterior Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, fixada polo Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.
Deste xeito, suprímense da agora Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Asesoría Xurídica Xeral e as competencias relativas a Turismo e incorpóranse as referidas a Deportes.