REUNIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO E XUNTA DIRETIVA DE AGAXEDE
O día 5 de xuño, a partir das 18.30 horas e de maneira presencial e telemática, celebraronse na sede as reunions do Comité Executivo e da Xunta Directiva de AGAXEDE. Entre as propostas aprobadas caben destacar as seguintes:
- Realizar as xestions necesarias por parte do presidente Eduardo Blanco para a firma dun convenio coa FEGAMP.
- Publicar as bases da convocatoria dos XV Premios Galicia a Xestión Deportiva abrindose un prazo de presentación de candidaturas nas suas distintas categorías que finalizará o 31 de outubro deste ano. Toda a información e inscripcions podense realizar en www.agaxede.org
- O 28 de abril celebrouse unha vez máis a XXIX Carrera Alternativa en A Coruña, baixo o lema “Máis igualdade e inclusión” que pon en valor o carácter distintivo desta actividade. Neste sentido, a Xunta aprobóu a constitución da Comisión de Traballo do 30º Aniversario da Carreira Alternativa que terá lugar en 2025 para iniciar o traballo e xestions correspondentes para a organización da Carreira Alternativa e outras actividades que formarán parte do programa de celebración do aniversario.
Outras cuestions importantes son a próxima activación da Comisión de Xestión Deportiva Municipal despois do verano e as xestions necesarias para a posta en marcha dunna Cátedra Universitaria de Xestión, Dereito e Economía do Deporte BEONE-AGAXEDE.