ROBERTO RAMOS, VICEPRESIDENTE DE AGAXEDE, ASISTE Á ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DE FAGDE

ROBERTO RAMOS, VICEPRESIDENTE DE AGAXEDE, ASISTE Á ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DE FAGDE

A Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE), celebrou unha asemblea xeral extraordinaria, o 19 de setembro de 2024, na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF UPM) de Madrid. En representación de AGAXEDE, acudiu Roberto Ramos, vicepresidente da entidade. Entre os temas tratados durante a reunión, pódense destacar os seguintes:

  • Fernando París, presidente de FAGDE, informou brevemente das últimas xestións e acontecementos ocorridos nos últimos meses.
  • Fíxose referencia as accións programadas polas asociacións membros de FAGDE para o último período do ano, especialmente Congresos autonómicos.
  • Debateuse sobre os obxectivos xerais, estratexias e proxectos de FAGDE para o futuro.
  • En abril de 2025 cúmprense 4 anos da actual Xunta Directiva e convocaranse eleccións.

Cabe destacar que a asemblea se celebrou despois do acto de presentación dos estudos fundamentais sobre a xestión deportiva en España "Radiografía do xestor deportivo español" e "Formación de posgraduado en xestión deportiva". Estes informes, impulsados FAGDE e en colaboración co Consello Superior de Deportes, analizan o perfil das persoas xestoras deportivas no país e propoñen melloras na formación de posgraduado para estas.

+Info

Compartir esta noticia: