Esta mañá tivo lugar o VI Foro do Deporte para Todos, que tiña como temática o "Emprendemento de proxectos deportivos". O evento levouse a cabo no Complexo Residencial Rialta (A Coruña). Carlos de Sousa (trainer do E4SPORT 2.0), Guillermo Taboada (Director da empresa PLAAM), Enrique Gómez (Técnico do IGAPE) e Ramón Lago (empresa RSP Inercial) ofreceron a súa visión de que significa emprender, cales son as claves para que un proxecto sexa viable e como se debe presentar un proxecto deportivo. Entre os asistentes atopábanse membros da Xunta Directiva e socios de AGAXEDE, participantes do programa E4SPORT 2.0, estudantes e representantes de diferentes institucións, federacións e clubes do ámbito autonómico e nacional.
leer máisPublicadas dúas obras relacionadas co dereito deportivo. Para máis información, accede á nova completa.
leer máisXa se atopa dispoñible o número 33 da revista DEPORCAM, a revista de xestión do deporte editada polo grupo INGESPORT. Podedes acceder a ela aquí.
leer máisXa está dispoñible o nº 14 da revista Gestores del Deporte, editada pola Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FADGE). Podedes atopar esta edición premendo aquí ou visitando a páxina web de FAGDE.
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo do mes de xuño, que podedes atopar aquí.
leer máisO próximo venres, 9 de xuño, terá lugar o VI Foro do Deporte para Todos no Complexo Residencial Rialta entre as 9:30 e as 14:00h. Este ano a temática será "Emprendemento de Proxectos Deportivos", xa que o foro atópase enmarcado dentro da programación da semana de intercambio do proxecto europeo E4SPORT 2.0. Podedes atopar máis información aquí.
leer máisPublicado o Anuario de Estadísticas Deportivas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que pretende ser unha ferramente útil para o coñecemento da situación do sector deportivo en España e a súa evolución. Podes atopalo aquí.
leer máisAbertas as convocatorias para a presentación de candidaturas aos Premios Piscina & Wellness Barcelona, que contemplan 5 categorías. A data límite é o 19 de xuño. Toda a información aquí.
leer máisDesde o Consello COLEF e o grupo de Expertos da área de Ensino da Educación Física, realizouse un posicionamento dos 7 puntos craves/básicos para unha Educación Física de Calidade en España, que foi apoiado e asinado por preto de 45.000 profesionais do ámbito da Educación Física das diferentes etapas educativas. Máis información en "Ler máis".
leer máisA raíz do convenio de colaboración entre FAGDE e CICOR INTERNACIONAL, esta correduría lanza unha nova póliza de seguros para actividades deportivas de verán, na que os asociados de FAGDE terán condicións especiais. Podedes ver a nota informativa aquí.
leer máis










