D. Mariano Gómez-Ulla, Presidente do Club Financiero Atlántico, e D. Eduardo Blanco Pereira, Membro da Xunta Directiva do Club e Presidente da Federación de Asociacións de Gestores del Deporte de España, convídanlle a participar no xantar-conferencia con D. José Ramón Lete Lasa, Secretario de Estado para o Deporte e Presidente de Consello Superior de Deportes, que terá lugar o venres 14 de xullo ás 14:00h no Club Financeiro Atlántico. O xantar ten un prezo de 38€ e as reservas débense efectuar antes do 12 de xullo (981 130 347 / relacionespublicas@cfatlantico.com).
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á primeira quincena do mes de xullo. Podedes atopalo aquí.
leer máisOs días 18 e 19 de novembro de 2016, celebrouse no Paraninfo da Universidade da Coruña, o XII CONGRESO ESPAÑOL DE DEREITO DEPORTIVO organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e a Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD). Os relatorios e comunicacións seleccionadas recóllense na obra de Editorial Reus "Asociacionismo deportivo: diagnóstico e perspectivas". Podedes ver a portada e unha mostra do libro aquí.
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á segunda quincena do mes de xuño. Podedes atopalo aquí.
leer máisConvocados os VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva. Presentación de candidaturas ata o 27 de outubro de 2017.
leer máisEsta mañá tivo lugar o VI Foro do Deporte para Todos, que tiña como temática o "Emprendemento de proxectos deportivos". O evento levouse a cabo no Complexo Residencial Rialta (A Coruña). Carlos de Sousa (trainer do E4SPORT 2.0), Guillermo Taboada (Director da empresa PLAAM), Enrique Gómez (Técnico do IGAPE) e Ramón Lago (empresa RSP Inercial) ofreceron a súa visión de que significa emprender, cales son as claves para que un proxecto sexa viable e como se debe presentar un proxecto deportivo. Entre os asistentes atopábanse membros da Xunta Directiva e socios de AGAXEDE, participantes do programa E4SPORT 2.0, estudantes e representantes de diferentes institucións, federacións e clubes do ámbito autonómico e nacional.
leer máisPublicadas dúas obras relacionadas co dereito deportivo. Para máis información, accede á nova completa.
leer máisXa se atopa dispoñible o número 33 da revista DEPORCAM, a revista de xestión do deporte editada polo grupo INGESPORT. Podedes acceder a ela aquí.
leer máisXa está dispoñible o nº 14 da revista Gestores del Deporte, editada pola Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FADGE). Podedes atopar esta edición premendo aquí ou visitando a páxina web de FAGDE.
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo do mes de xuño, que podedes atopar aquí.
leer máis