Publicado o boletín informativo de FAGDE

Publicado o boletín informativo de FAGDE

A Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á primeira quincena do mes de xullo. Podedes atopalo aquí.

leer máis
Publicación do libro

Publicación do libro "Asociacionismo deportivo: diagnóstico e perspectivas"

Os días 18 e 19 de novembro de 2016, celebrouse no Paraninfo da Universidade da Coruña, o XII CONGRESO ESPAÑOL DE DEREITO DEPORTIVO organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e a Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD). Os relatorios e comunicacións seleccionadas recóllense na obra de Editorial Reus "Asociacionismo deportivo: diagnóstico e perspectivas". Podedes ver a portada e unha mostra do libro aquí. 

leer máis
30 anos da Primeira Promoción do INEF de Galicia

30 anos da Primeira Promoción do INEF de Galicia

Nova publicada en La Voz de Galicia dedicada á Primeira Promoción do INEF de Galicia, agora Facultade de Ciencias do Deporte, que comezou a súa andadura no ano 1987. Esta promoción xuntouse nestes días para celebrar tal efeméride. Podedes ler a nova aquí. 

leer máis
Publicada a galería de imaxes da Semana de Intercambio do E4SPORT 2.0

Publicada a galería de imaxes da Semana de Intercambio do E4SPORT 2.0

Xa están dispoñibles as fotos da Semana de Intercambio do E4SPORT 2.0, que tivo lugar entre o 4 e o 10 de xuño nas instalacións da Residencia Universitaria Rialta (A Coruña). O intercambio forma parte do proxecto Erasmus+ que lidera AGAXEDE, e do que tamén forman parte Forum Astur, AGEDECYL, AGEDEX e APOGESD. Podedes atopar as fotos e máis información do E4SPORT 2.0 aquí. 

leer máis
II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía

II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía

Entre o 26 e o 30 de xuño terá lugar en Santiago de Compostela o II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Federación Galega de Fútbol. Podedes atopar toda a información aquí ou na páxina web do Congreso: http://www.usc.es/gl/congresos/cpsifutbol.

leer máis
Publicado o boletín informativo de FAGDE

Publicado o boletín informativo de FAGDE

A Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á segunda quincena do mes de xuño. Podedes atopalo aquí.

leer máis
VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte

VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte

Os días 24 e 25 de novemebro terán lugar en Zaragoza as VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte, organizadas pola Asociación Aragonesa de Medicina do Deporrte (ARAMEDE) e a Sociedade Española de Medicina do Deporte (SEMED). Podes atopar máis información lendo a nova completa.

leer máis
Reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE

Reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE

O pasado sábado, 10 de xuño, celebrouse unha reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE na que, entre outros, se aprobou a convocatoria dos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva - 2017. 

leer máis
Candidaturas VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva

Candidaturas VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva

Convocados os VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva. Presentación de candidaturas ata o 27 de outubro de 2017.

leer máis
Concluido o VI Foro do Deporte para Todos

Concluido o VI Foro do Deporte para Todos

Esta mañá tivo lugar o VI Foro do Deporte para Todos, que tiña como temática o "Emprendemento de proxectos deportivos". O evento levouse a cabo no Complexo Residencial Rialta (A Coruña). Carlos de Sousa (trainer do E4SPORT 2.0), Guillermo Taboada (Director da empresa PLAAM), Enrique Gómez (Técnico do IGAPE) e Ramón Lago (empresa RSP Inercial) ofreceron a súa visión de que significa emprender, cales son as claves para que un proxecto sexa viable e como se debe presentar un proxecto deportivo. Entre os asistentes atopábanse membros da Xunta Directiva e socios de AGAXEDE, participantes do programa E4SPORT 2.0, estudantes e representantes de diferentes institucións, federacións e clubes do ámbito autonómico e nacional. 

leer máis