O décimo congreso internacional da Asociación Española de Ciencias del Deporte terá lugar na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (UDC). Celebraráse entre o 21 e o 23 de novemebro do 2018, e podedes obter máis información nesta ligazón.
leer máisDurante os días 23 e 24 de novembro do 2017 terá lugar no Paraninfo da Universidade de Zaragoza o IV Symposium Aragonés de Xestión no Deporte. A inscrición finaliza o día 21 de novembro. Podedes atopar toda a información aquí.
leer máisXa dispoñible o artigo de Eduardo Blanco na Revista Deportistas núm. 75, no que fala do Interim Management Deportivo. Podedes atopalo nesta ligazón.
leer máisDispoñible a entrevista realizada a Eduardo Blanco, en calidade de Presidente de FAGDE, na revista Instalaciones Deportivas Hoy correspondente ao trimestre xullo-setembro do 2017 (páxinas 16-19). Podedes atopala nesta ligazón.
leer máisXa se atopa dispoñible o número 34 da revista DEPORCAM, a Revista do Círculo de Xestores editada por INGESPORT. Este número correspóndese cos meses de setembro e outubro do 2017. Podedes atopala aquí.
leer máisDispoñible o boletín informativo da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España na seguinte ligazón.
leer máisAmplíase o prazo de presentación de candidaturas aos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), ata o 27 de outubro. Desta forma, animamos a que se promova a presentación de candidaturas nas distintas modalidades convocadas, solicitando a máxima difusión entre aquelas persoas ou entidades que puidesen estar interesadas ou ser merecedoras dos devanditos premios.
leer máisO pasado martes 19 tivo lugar na sede de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) de Oleiros, A Coruña, unha cordial reunión entre o Presidente da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España (FAGDE), D. Eduardo Blanco e o Presidente da organización colexial - Consejo COLEF, D. Vicente Gambau, con motivo da consolidación da colaboración entre ambas institucións. Entre os temas tratados hai que destacar a vontade de buscar sinerxias en temas de formación, na procura de fórmulas para que as organizacións territoriais fomenten a colexiación e afiliación conxunta, e a consolidación do compromiso de colexiación dos xestores con responsabilidades na dirección técnica e con titulación universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o estrito cumprimento das obrigacións legais e deontolóxicas destes profesionais. Destácase o acordo de colaboración para a organización dunha xornada formativa no marco do salón da Piscina & Welness Barcelona o próximo 20 de outubro para tratar a conceptualización das diferentes ocupacións dentro da dirección e xestión deportiva. Esta temática foi encomendada á Comisión Permanente do Consejo COLEF no último Pleno de Palma de marzo de 2017 debido á confusión xeneralizada entre as funcións de dirección e xerencia, xestión deportiva, dirección deportiva e coordinación. Durante o desenvolvemento desta xornada asinarase un convenio marco de colaboración entre ambas organizacións.

leer máis