Foro de Debate 'Comunicación, Fútbol y Gestión Deportiva'

Foro de Debate 'Comunicación, Fútbol y Gestión Deportiva'

O vindeiro martes 3 de outubro de 09:30h a 12:00h terá lugar o Foro de Debate "Comunicación, Fútbol y Gestión Deportiva". Este evento celebrarase no Hotel Intercontinental, situado no Paseo de la Castellana, 49, e está organizado polo diario EL ESPAÑOL e Sportium. Podedes atopar o programa aquí e máis información na páxina web do evento. 

leer máis
NOTA INFORMATIVA AGAXEDE

NOTA INFORMATIVA AGAXEDE

O Profesor Dr. D. Carlos Lago Peña, docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, acadou a praza de Catedrático de Universidade (CU) no Área de Educación Física e Deportiva, convertíndose dese xeito no primeiro Catedrático de Universidade da devandita área no Sistema Universitario Galego. Preme para continuar lendo.

leer máis
Aberto novo prazo de preinscrición no MBA Deporte da Universidade de Vigo

Aberto novo prazo de preinscrición no MBA Deporte da Universidade de Vigo

O prazo de preinscrición online no Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte amplíase do 25 ao 27 de setembro. Este mestrado está organizado pola Universidade de Vigo e posicionado no Top20 do Ranking Mundial en Sport Management elaborado polo Sport Business International. Podedes atopar toda a información aquí. 

leer máis
I Congreso Internacional de Discapacidade Intelectual, Actividade Física e Saúde

I Congreso Internacional de Discapacidade Intelectual, Actividade Física e Saúde

Os días 16, 17 e 18 de novemebro terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Sevilla o I COngreso Internacional de Discapacidade Intelectual, Actividade Física e Saúde. O día 16 celebraranse talleres prácticos de diversa temática, e os días 17 e 18 terán lugar as sesións plenarias, ponencias e comunicacións. Podedes atopar toda a información aquí. 

leer máis
Dispoñible o 8º número da Revista Jurídica LaLiga

Dispoñible o 8º número da Revista Jurídica LaLiga

Xa está dispoñible o octavo número da Revista Jurídica LaLiga, co fútbol na cúspide do adestramento como tema principal da publicación. Podedes atopala aquí. 

leer máis
II Xornada

II Xornada

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, organizan a II Xornada "A saúde en tódalas políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde", que terá lugar o 3 de outubro na sede da EGAP (Santiago de Compostela). Podedes ampliar a información aquí. 

leer máis
Congreso Extraordinario de Xestión do Deporte

Congreso Extraordinario de Xestión do Deporte

A Asociación de Gestores Deportivos Profesionales de la Comunidad Valenciana (GEPACV), en conmemoración do 20º Aniversario da súa fundación en 1997, convoca e organiza o CONGRESO EXTRAORDINARIO DE XESTIÓN DO DEPORTE, que se celebrará no Complexo Deportivo e Cultural "Petxina" de Valencia, os días 24 e 25 de novembro de 2017. Podedes atopar o avance do programa aquí. 

leer máis
Sport IP Forum

Sport IP Forum

O Sport IP Forum 2017 é un evento internacional que xirará en torno aos dereitos de imaxe e a como a tecnoloxía cambia a forma na que se xestioan os dereitos no deporte. Terá lugar os días 22 e 23 de novembro na Feira de Valencia. Podedes atopar máis información aquí. 

leer máis
Novo título da Colección Derecho Deportivo de Editorial Reus

Novo título da Colección Derecho Deportivo de Editorial Reus

Publicado un novo exemplar na Colección Derecho Deportivo de Editorial Reus, "Los retos del deporte profesional y profesionalizado en la sociedad actual". A obra está dirixida por Ignacio Jiménez Soto e José Luis Pérez-Serrabona González. Podedes atopar máis información aquí. 

leer máis
Observatorio de Seguridade, por José Luis Gómez

Observatorio de Seguridade, por José Luis Gómez

Semana pródiga en noticias sobre temas de seguridade que afectan ou poden afectar directa ou indirectamente á organización e celebración de espectáculos e actividades deportivas, por parte de: centros deportivos, ximnasios, servizos municipais de deportes, clubs e federacións deportivas, entre outros. Podedes ler a información completa aquí. 

leer máis