Xa se atopa dispoñible o número 34 da revista DEPORCAM, a Revista do Círculo de Xestores editada por INGESPORT. Este número correspóndese cos meses de setembro e outubro do 2017. Podedes atopala aquí.
leer máisDispoñible o boletín informativo da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España na seguinte ligazón.
leer máisAmplíase o prazo de presentación de candidaturas aos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), ata o 27 de outubro. Desta forma, animamos a que se promova a presentación de candidaturas nas distintas modalidades convocadas, solicitando a máxima difusión entre aquelas persoas ou entidades que puidesen estar interesadas ou ser merecedoras dos devanditos premios.
leer máisO pasado martes 19 tivo lugar na sede de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) de Oleiros, A Coruña, unha cordial reunión entre o Presidente da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España (FAGDE), D. Eduardo Blanco e o Presidente da organización colexial - Consejo COLEF, D. Vicente Gambau, con motivo da consolidación da colaboración entre ambas institucións. Entre os temas tratados hai que destacar a vontade de buscar sinerxias en temas de formación, na procura de fórmulas para que as organizacións territoriais fomenten a colexiación e afiliación conxunta, e a consolidación do compromiso de colexiación dos xestores con responsabilidades na dirección técnica e con titulación universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o estrito cumprimento das obrigacións legais e deontolóxicas destes profesionais. Destácase o acordo de colaboración para a organización dunha xornada formativa no marco do salón da Piscina & Welness Barcelona o próximo 20 de outubro para tratar a conceptualización das diferentes ocupacións dentro da dirección e xestión deportiva. Esta temática foi encomendada á Comisión Permanente do Consejo COLEF no último Pleno de Palma de marzo de 2017 debido á confusión xeneralizada entre as funcións de dirección e xerencia, xestión deportiva, dirección deportiva e coordinación. Durante o desenvolvemento desta xornada asinarase un convenio marco de colaboración entre ambas organizacións.

leer máisO vindeiro martes 3 de outubro de 09:30h a 12:00h terá lugar o Foro de Debate "Comunicación, Fútbol y Gestión Deportiva". Este evento celebrarase no Hotel Intercontinental, situado no Paseo de la Castellana, 49, e está organizado polo diario EL ESPAÑOL e Sportium. Podedes atopar o programa aquí e máis información na páxina web do evento.
leer máisO Profesor Dr. D. Carlos Lago Peña, docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, acadou a praza de Catedrático de Universidade (CU) no Área de Educación Física e Deportiva, convertíndose dese xeito no primeiro Catedrático de Universidade da devandita área no Sistema Universitario Galego. Preme para continuar lendo.
leer máisO prazo de preinscrición online no Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte amplíase do 25 ao 27 de setembro. Este mestrado está organizado pola Universidade de Vigo e posicionado no Top20 do Ranking Mundial en Sport Management elaborado polo Sport Business International. Podedes atopar toda a información aquí.
leer máisOs días 16, 17 e 18 de novemebro terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Sevilla o I COngreso Internacional de Discapacidade Intelectual, Actividade Física e Saúde. O día 16 celebraranse talleres prácticos de diversa temática, e os días 17 e 18 terán lugar as sesións plenarias, ponencias e comunicacións. Podedes atopar toda a información aquí.
leer máisXa está dispoñible o octavo número da Revista Jurídica LaLiga, co fútbol na cúspide do adestramento como tema principal da publicación. Podedes atopala aquí.
leer máis