Benvida

 Esta benvida esta dirixida a TI, sexas ou non parte de AGAXEDE

 

AGAXEDE é un proxecto asociativo galego, entendido como unha tarefa colectiva das persoas que se dedican á dirección e xestión do deporte e das entidades que prestan servizos deportivos no ámbito do sistema deportivo de Galicia. Calquera persoa que desempeña a labor de dirección e xestión do deporte no ámbito público ou privado, sexa como tarefa profesional, directiva ou de voluntariado, ou ten interese nesta área de coñecemento, está convidada a formar parte da nosa entidade.

AGAXEDE constituíuse o 17 de marzo de 1998, como Asociación  Galega de  Xestores Deportivos, actualmente denominada por tratamento de xénero, Asociación  Galega de  Xestión Deportiva.  AGAXEDE forma parte da Federación de Asociaciones de Gestión del Deporte de España (FAGDE), entidade de ámbito estatal constituída en 2003, e integrada por outras asociacións autonómicas de dirección e xestión deportiva.

Esta entidade que naceu con vocación de servizo, ten a día de hoxe un gran potencial de crecemento, polo que as persoas asociadas deben empuxar nesta tarefa. Quen aínda está fora de AGAXEDE, que non deixe pasar un día mais sen formar parte desta asociación. Cantas mais persoas se asocien, máis representación e forza terá a entidade. Todas xuntas temos que determinar o rumbo e o desenvolvemento de AGAXEDE para conseguir en Galicia unha xestión deportiva de calidade. 

A benvida á nosa web está dirixida especialmente a quen non forma parte da nosa entidade, porque AGAXEDE ten unha plataforma de acceso exclusivo para as persoas afiliadas, que tamén dispoñen dun carné dixital.

As persoas asociadas, ademais dos dereitos contemplados nos Estatutos, teñen os seguintes beneficios:

  • Participar nas actividades formativas organizadas ou impulsadas desde á asociación, cunha cota reducida ou de balde, no seu caso.
  • Integrarse nas comisións sectoriais que se constitúan con dereito a voz e voto.
  • Ter acceso aos contidos da plataforma como área reservada dos que pertencen a AGAXEDE, entre outros, aos seguintes:
    • Facer consultas ou pedir información de balde.
    • Lexislación xeral e sectorial actualizada.
    • Acceder aos relatorios e artigos de interese.
    • Usar a propia Rede Social para compartir ideas e temas de interese