Breve Historia e Descrición da Sede

En Oleiros (A Coruña)

 

A Casa do Deporte é un inmoble situado na Rúa Darwin, nº1, rodeado dun xardín, de titularidade do Concello de Oleiros e que se atopaba en estado ruinoso, despois de ser no seu día, “Oficina de Información Xuvenil” e sede de Protección Civil. O Concello tiña consignado no orzamento de 2008, unha partida de 30.000 €, para derrubar o edificio e ampliar o xardín.
AGAXEDE, xunto coa Asociación Española de Deporte Para Todos, ambas as entidades presididas por Eduardo Blanco Pereira, realizou a solicitude ao Concello de cesión de uso do inmoble, asumindo a responsabilidade de xestionar e financiar un proxecto de rehabilitación do inmoble que foi aceptado polo Alcalde Ángel García Seoane, mediante Decreto de Alcaldía nº 4.420/2008, do 21 de outubro de 2008.

 

 AGAXEDE encargou o proxecto de reforma ao Estudo de Arquitectura Naos, que realizou sen custo algún. A obra máis importante do edificio, iniciouse financiada por dous convenios asinados o 1 de decembro de 2008 (30.000 €) e o 17 de abril de 2009 (46.400 €), coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, sendo titular da mesma, José Luis Méndez Romeu. A Casa do Deporte, como foi bautizada, inaugurouse oficiosamente o 13 de febreiro de 2009, a falta de rematar algunhas reformas menores, por parte do Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane e coa presenza do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, José Luis Méndez Romeu.

Adquiriuse o mobiliario e equipamento necesario para a sede, por conta da Asociación Española de Deporte Para Todos, logrando así que a Casa do Deporte tivese a dotación precisa para o desempeño e desenvolvemento das súas funcións, a máis diso outras achegas que se xestionaron “en especies”.

A Empresa Trisón realizou de forma desinteresada, a instalación do fío musical coa achega dos equipos de son e unha pantalla de plasma de 42¨ para a sala de reunións. Coa substitución das 16 ventás de madeira orixinarios que tiña a casa, por uns novos de aluminio e dobre cristal con cámara, obra acometida sen custo pola Empresa Caamaño, en xullo de 2014.

Despois de case seis anos de obras e reformas, nesta data pódese dar por concluída a rehabilitación total do edificio, compromiso asumido por AGAXEDE #ante o Concello de Oleiros. A Casa do Deporte, ten dúas plantas (planta baixa e primeiro piso) cun soportal na entrada que, sendo un inmoble situado nunha praza con xardín, achégalle unha estética máis acolledora e agradable.


Ao entrar na sede, a man esquerda atópase o vestíbulo e a recepción con mesa corrida (equipado con computador e impresora) onde se atende ás persoas e entidades que solicitan información, e unha mesa de traballo. Estes postos de traballo adoitan ser utilizados polo alumnado de varias universidades que realizan   as  súas prácticas universitarias en AGAXEDE, baixo a supervisión do coordinador xeral da entidade. A planta baixa  dispón dun aseo, dunha sala que fai a función de arquivo e biblioteca e con acceso a un semisótano utilizado como almacén.


Sala de Reunións


Na primeira planta atópase un distribuidor, á súa dereita está un despacho de Dirección, á beira un segundo aseo que fai as funcións de almacén de material de limpeza e enfronte o despacho de Secretaria.

Nesta primeira planta, tamén está a Sala de Reunións

Despacho de Dirección

A Casa do Deporte está conformada por unha superficie de 58’1 m2, na planta baixa e 58’7 m2, na primeira planta, servindo de sede ás entidades que recibiron a cesión de uso por parte do Concello de Oleiros en 2008. Alberga a Oficina de Información e Asistencia de Xestión Deportiva.