Descubre a filosofía e a razón do noso traballo
MISIÓN
A nosa misión é INFORMAR, FORMAR e ASISTIR en calquera recuncho de Galicia, por medio das ferramentas e actividades que sexan precisas, ás persoas que realizan un desempeño de dirección e xestión deportiva, tanto no sector público como privado, e independentemente de que sexa ou non de carácter profesional.
Ademais, tamén traballamos a prol do fomento e desenvolvemento do desempeño de calidade da dirección e xestión do deporte no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de que as actividades físicas e deportivas se fagan dun xeito educativo, saudable, sostible, seguro, inclusivo, accesible e igualitario.
VISIÓN
A visión é lograr un crecemento social que consolide a nosa entidade para que sexa representativa e referente do ámbito da dirección e xestión deportiva en Galicia.
VALORES
Os valores son aquelas calidades que caracterizan a natureza e funcionamento desta entidade, entre outros, os seguintes:
Liderazgo | Traballo en equipo | Honestidade | Compromiso | Proximidade | Responsabilidade Social Corporativa | Transparencia | Calidade | Innovación
En canto a RSC pode destacarse que AGAXEDE:
- É un centro de prácticas que colabora coas Universidades da Coruña e Vigo, e coa Universidade Internacional de Valencia, tanto en Graos como en Mestrados.
- Está calificada como Entidade de Acción Voluntaria pola Xunta de Galicia.
- Acolle persoas penadas por Institucións Penais que realizan traballos sociais para a comunidade.
- Organiza con carácter anual a Carreira alternativa, como actividade deportiva aberta, inclusiva e igualitaria, que constitúe unha manifestación na defensa do “deporte para todos” ou deporte social e cidadán.