JOSÉ LUÍS
SALVADOR ALONSO
(† 1946-2009)
Promotor, xunto con Eduardo Blanco, da constitución de AGAXEDE, o 17 de marzo de 1998.
Desde o 2020, os recoñecementos especiais dos Premios Galicia á Xestión Deportiva levan o nome de "José Luís Salvador", na súa memoria.
Foi profesor titular do INEF Galicia.
FERNANDO ROMAY
PEREIRO
Ex-xogador de baloncesto español.
Ten unha medalla de prata coa selección española gañada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Moscú 1980 e en tres Mundobasket y catro Eurobasket.
En España xogou no Real Madrid desde 1976 ata 1993. Durante este periodo o equipo obtivo sete títulos de Liga ACB, cinco de Copa do Rei, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dous da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubes.
Voluntario de voluntarios de AGAXEDE.
ÁNGEL CID
MANZANO
Xefe do Servizo de Deportes da Deputación de Ourense (1988-2022).
Director do Pazo dos Deportes de Ourense (1991-2022).
Colaborou con AGAXEDE desde os seus inicios, sendo un enlace clave na colaboración entre AGAXEDE e la Deputación de Ourense.
Premio de recoñecemento especial ‘José Luís Salvador’ 2022.
JOSÉ GARROTE
MARTÍN
Desde os 17 anos ata a actualidade estivo traballando por e para o deporte desde distintas áreas e funcións.
A esa temprana idade iníciase no baloncesto como árbitro durante 6 anos. No ano 72 saca o seu primeiro título de adestrador de baloncesto alcanzando o título de adestrador nacional en 1979 e o diploma de adestrador europeo de alto nivel en 1987. Durante ese tempo e ata 2006, en que se retira, consegue numerosos éxitos sendo destacables os seguintes:
- Adestrador do Bosco masculino no que hoxe sería Leb Oro.
- Seleccionador infantil masculino de Málaga.
No ámbito da xestión deportiva, destacaremos o seguinte:
-Membro da directiva da Federación Coruñesa e Galega de Baloncesto.
-Primeiro presidente da Asociación Galega de Adestradores de Baloncesto e da directiva nacional.
- Vicepresidente de AGAXEDE.
- Secretario Xeral da AEDPT e Presidente da AGDPT.
- Concelleiro de Deportes do Concello de Sada (2007 a 2011).
MANUEL ALBERTO
SANTALLA (NINI)
O deporte é un pilar fundamental no seu modo de vida.
No ámbito profesional estivo 30 anos vinculado á Concellería de Festas e Deportes do concello de A Coruña realizando montaxes de competicións nacionais e internacionais de innumerables disciplinas destacando os campionatos do mundo de Optimis e marcha atlética, campionatos de Europa de halterofilia e Balonmán e Regatas como a Cutty Shark.
Por suposto sen esqiecer o deporte base e non federado.
Colabora con AGAXEDE desde a súa creación, sendo un pilar fundamental na organización da "Carreira Alternativa", que vai camiño de cumplir o seu 30 aniversario, en 2025.